CULTURA
Aberto o prazo de inscrición para a edición 2013 do festival Curtocircuíto
Xa está aberto o prazo para participar no X Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que organiza o Departamento de Cultura e que se celebrará do 23 ao 28 de abril de 2013 en varios espazos da cidade. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo a través da rede, sendo a data límite para facelo o 10 de febreiro de 2013.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A autoescola Mata, a empresa de lingua de signos Galensigna e a asociación Hostalería Compostela, reciben o Premio Manuel Beiras
O Concello e a Cámara de Comercio entregaron os galardóns da décimo terceira edición do Premio Manuel Beiras. O acto, celebrado no edificio CERSIA, estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez; e o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e contou coa asistencia de personalidades do mundo político, empresarial e...
DEPORTES
Santa Isabel acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol feminino nas categorías sub-16 e sub-18
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-16 e sub-18 de fútbol feminino que se celebrará no campo municipal de Santa Isabel os días 20, 21 e 22 de decembro. Nesta fase participarán as seleccións de Galicia, Baleares e Canarias.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba obras nas parroquias rurais por máis de 600.000 euros
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS 2013) da Deputación da Coruña no que atinxe ao Concello de Santiago, que inclúe dez obras de melloras nas pistas e nas redes de abastecemento e saneamento de varias parroquias rurais. Ademais, adxudicouse a redacción do proxecto de mellora da mobilidade e da accesibilidade do barrio de Vista Alegre.
COMERCIO
Remata o prazo de inscrición no Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal
O venres 14 de decembro remata o prazo de inscrición no Concurso Municipal de Beléns e Ambientación de Nadal. A inscrición pode facerse a través do envío dun correo electrónico a comercio@santiagodecompostela.gal. As bases do concurso poden consultarse en www.cersiaempresa.org. O resultado do concurso farase público o día 19 de decembro.
CULTURA
Berto Romero ofrece a última función de "La apoteosis necia" dentro do ciclo Falabaratos
Berto Romero ofrece en Falabaratos a última función do seu espectáculo La apoteosis necia. Será o venres 14 no Auditorio de Galicia a partir das 21:00 horas. Con Romero péchase a programación de Falabaratos deste 2012, no que estiveron David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Godoy, Goyo Jiménez, Ángel Martín, Ricardo Castella, Leo Harlem&amigos e David Guapo. No 2013 haberá unha nova edición do ciclo.
PROTECCIÓN CIVIL
O Concello de Santiago recomenda precaución aos cidadáns por mor do temporal de vento e choiva
Dende Protección Civil recoméndase precaución e ofrécense algúns consellos de utilidade, tales como camiñar preto das fachadas dos edificios e evitar pasar á beira de inmobles en ruínas ou en obras.
ABASTECEMENTO
Presentado en Santiago un novidoso sistema de limpeza de canalizacións mediante xeo
O concelleiro de Abastecemento e Saneamento, Luis Bello, asistiu xunto con responsables da empresa Aqualogy, á presentación en Santiago dun novedoso sistema de limpeza das redes de subministro mediante a inxección de xeo líquido. A demostración realizouse na praza do Obradoiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os nenos e nenas de 12 centros socioculturais continúan a preparar o Belén colectivo
Este Nadal 2012, un dos puntos fortes da programación da Concellería de Centros Socioculturais é a construción do Belén colectivo, feito polos nenos e nenas dos centros socioculturais. O resultado poderá contemplarse no Pazo de Raxoi dende o luns 17 de decembro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicados os listados de preinscritos no programa de conciliación de Vive o Nadal
A Concellaría de Centros Socioculturais oferta un ano máis un programa educativo de tempo libre para as datas das vacacións escolares de Nadal. Realizarase nas mañás dos días 26,27,28 de decembro e 2,3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Xa pode consultarse o listado de preinscritos en cada campamento.