MOBILIDADE
Santiago celebra a Semana da Mobilidade para "avogar por unha cidade máis accesible e inclusiva"
Santiago vai celebrar a Semana Europea da Mobilidade cun amplo programa de actividades que se vai desenvolver do 20 de setembro ao 1 de outubro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, presentou hoxe o calendario de accións, que "teñen como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre o reto de construírmos colectivamente unha cidade accesible, inclusiva, respectuosa co medio, próxima e saudable". O edil estivo acompañado por Diego Cidrás,...
IGUALDADE
Compostela acolle o V Congreso sobre a feminización do Dereito
Os vindeiros días 21 e 22 de setembro celebrarase en Santiago o V Congreso sobre a feminización do Dereito: Muller, Maternidade e Dereito. O encontro, que terá lugar na Facultade de Dereito, abordará o papel da muller e a súa maternidade dentro do Dereito español.
ACCIÓN CULTURAL
Peter Greenaway, convidado especial en Curtocircuíto
Faltan doce días para a chegada da décimo cuarta edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, a edición máis completa e cargada de actividades, proxeccións e célebres convidados. Un dos pratos fortes este ano será o controvertido cineasta Peter Greenaway.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio de Galicia
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio de Galicia, que levou a cabo a Unión Temporal de Empresas UTE Auditorio de Galicia por un importe global de 271.125,14 euros.
IGUALDADE
Rosalía de Castro será a protagonista dunha feira e dunha gala en Santiago os días 29 e 30 de setembro
A imaxe de Rosalía como unha superheroína con capa e máscara preside o cartel do Festival Rosalía, unha gala e unha feira de produtos coa súa marca que se desenvolverán os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro. Ademais de música e poesía, no Festival haberá obxectos como cuncas, camisolas,...
IGUALDADE
A Deputación de Lugo tamén se suma a "En negro contra as violencias"
A Deputación da Lugo vén de adherirse á campaña En negro contra as violencias, unha iniciativa xurdida en 2015 no Concello de Santiago e á que se sumaron o ano pasado 17 concellos de toda Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello renovará a área de xogos infantil do parque Pablo Iglesias (Guadalupe)
A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar a licitación para a renovación da área de xogos infantil do parque Pablo Iglesias, no barrio de Guadalupe. Así o informou esta mañá o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a presidenta da Asemblea Lexislativa dos Azores
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi a presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autonóma das Illas dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís. No acto, no que tamén participou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, representantes municipais e tamén da Asemblea dos Azores, Ana Luís asinou no Libro de Honra da Cidade.
POLÍTICAS SOCIAIS E MOCIDADE
Compostela acolle o segundo Festival de Muralismo e Graffiti ata o 24 de setembro
As concelleiras de Mocidade, Noa Morales, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron o II Festival de Muralismo e Graffiti de Santiago. O festival, leva título Compostela Contemporánea, celébrase do 15 ao 24 de setembro. Inclúe actividades como a creación de graffitis e murais e conferencias sobre a arte urbana.
ACCIÓN CULTURAL
Rafael Villalobos dirixe o primeiro dos concertos do Ciclo de Lied "Cantigas de Outono"
A escritura subversiva de Guillaume Apollinare serve de liña argumental para o primeiro dos concertos da XVIII edición do Ciclo de Lied. O luns 18 de outubro, a partir das 20:30 horas, o Teatro Principal acolle un recital coas obras que Arthur Honegger e Francis Poulenc compuxeron a partir dos textos do autor surrealista francés.