IGUALDADE
A campaña "A igualdade tamén se fai xogando" fomenta a compra de agasallos non sexistas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou este luns unha campaña que pon en marcha o Concello para agasallar en igualdade durante as festas de Nadal. A iniciativa leva por nome "A igualdade tamén se fai xogando" e inclúe un decálogo de recomendacións para as familias.
DEPORTES
Tres xogadoras profesionais de xadrez promoverán a práctica desta disciplina a través dunhas xornadas en centros educativos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez, e o secretario da Federación Española de Xadrez, Ramón Padullés, presentaron as xornadas de xadrez que percorrerán diferentes centros educativos santiagueses. Encadrada no programa Muller e Deporte, esta iniciativa, con conferencias e partidas simultáneas, busca promover a práctica feminina do xadrez e difundir o mundial cadete de xadrez que acollerá Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro de 2018.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Amplíase o prazo de inscrición no Programa de Conciliación de Nadal
O Concello de Santiago vén de ampliar o prazo para a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para este Nadal 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. As actividades desenvolveranse no CEIP As Fontiñas, no que aínda quedan prazas vacantes.
CONSORCIO
A ampliación do Museo do Pobo Galego preséntase como a obra de maior calado do Consorcio para os vindeiros anos
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Asistiron o subsecretario de Facenda e Función Pública, Felipe Martínez; a subsecretaria do Ministerio de Fomento, Rosana Navarro; a inspectora xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, Carmen Alcalá; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; o conselleiro de Cultura, Román...
DEPORTE
Fútbol sala este domingo a favor da igualdade de xénero e contra a violencia machista
A Asociación Deportiva A Gaiola celebrará este domingo 17 de decembro, a partir das 17:00 horas, tres partidos de fútbol sala co obxectivo de concienciar á sociedade e ao deporte en concreto contra a violencia machista. O Concello colabora con esta iniciativa, que se desenvolverá no pavillón municipal do Restollal. No último dos partidos participarán persoas coñecidas da televisión e do mundo do espectáculo.
MOCIDADE
O alumnado do Raíña Fabiola aprende sobre tenza responsable de animais nunha actividade dos orzamentos participativos
A concelleira de Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, asistiu esta mañá a unha sesión das aulas de educación canina que imparte a asociación "Só lles falta falar" co gallo dos orzamentos participativos de Mocidade. Esta foi unha das actividades máis apoiadas no proceso de votación do 2017, con 281 puntos. Ten un custo de 15.000 euros.
ALCALDÍA
Entregados os premios do IV Festival Internacional de Cinema Rural "Carlos Velo"
O Salón Nobre do Concello acolleu este mediodía a entrega de premios do IV Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia "Carlos Velo". Os tres filmes gañadores foron:El color de la sed, de Gala Gracia, como mellor curtametraxe de ficción; Asturias patria dolida, de Arantza Rojas, como mellor documental, e Os froitos do tempo, de Matthieu Boivineau, que levou o premio do público.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o Plan Director de San Domingos de Bonaval
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, presentado polo Consorcio de Santiago. Trátase, segundo explicou o alcalde, "da folla de ruta que vai marcar o redimensionamento do Museo do Pobo Galego, na aposta decidida das diferentes administracións por convertelo no Museo Nacional do país".
ACCIÓN CULTURAL
A Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta) acolle a estrea galega de "Fragmentada"
A trapecista e actriz Zenaida Alcalde, da compañía Puntocero, estrea este sábado 16 de decembro, ás 19:00 horas, o seu espectáculo Fragmentada, unha peza de circo-teatro para público a partir de 8-9 anos.
COMERCIO
Xoguetes, deseño, comercio xusto, xoiaría ou decoración, na terceira quenda do Mercado de Nadal
O Mercado de Nadal renovou hoxe xoves, día 14, os expositores que se poden visitar na rúa Carreira do Conde. Quince novas propostas, procedentes de Santiago e arredores, Pontevedra, Lugo e Ourense, estarán abertas ata o día 20 de decembro.