POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción aos participantes na iniciativa "Camiñando polo dano cerebral", que realizaron o treito final do Camiño de Santiago

17/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ás persoas da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que participaron no percorrido do treito final do Camiño de Santiago, no marco da iniciativa "Camiñando polo dano cerebral". Unha iniciativa, que tamén se levou a cabo noutras cidades, como Ourense, e que ten como obxectivo visibilizar a realidade das persoas con dano cerebral e para conciencias as administracións de que son precisos máis recursos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

maré 21 volve a Compostela coa súa edición máis ambiciosa en propostas musicais e artísticas das dúas beiras do Atlántico

17/09/2021

maré 21, outrora Cantos na maré, chega á súa XVII edición, e aséntase este 2021 na capital galega onde, ademais do Teatro Principal e o Auditorio de Galicia, se estende nesta ocasión á praza da Quintana e o parque de San Domingos de Bonaval, enchendo Compostela con multitude de propostas musicais e artísticas procedentes das dúas beiras do Atlántico e situando Galicia no epicentro da vangarda creativa mundial.

Leer más

COMERCIO

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Santiago poden adherirse dende o 17 de setembro á campaña de bonos "Corazón Compostela"

16/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte presentaron esta mañá a campaña de incentivación do cunsumo "Bonos Corazón Compostela". Estiveron acompañados por representantes das asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental, Comercio Punto Compostela, Em-Rede, Área Central, Ourives de Compostela; así como pola Asociación de Hostalería Compostela.

Leer más

MOCIDADE

O Centro Xove de Creación Cultural pon en marcha as actividades para o curso 2021/2022

16/09/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe a programación do Centro Xove de Creación Cultural, localizado na Almáciga, para a tempada 2021/2022, que abrangue os meses de setembro a xuño. Un programa que combina formación, ocio, e distintos servizos con alta demanda entre a xente moza, entre eles tres locais de ensaio para bandas, un estudo de gravación, unha ludoteca ou un servizo de mediación de proxectos culturais. Tamén conta cun grupo de teatro e cun coro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2021-2022 co lema "Viaxes"

16/09/2021

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada 2021-2022, na que se continuará coa celebración do seu 25º aniversario (1996-2021). Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel -vía vídeo-; a directora técnica da RFG, Sabela García; xunto ao...

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os Premios Youtubeiras abren a inscrición dunha quinta edición que buscará a consolidación da comunidade creadora "que medrou ao abeiro do concurso"

15/09/2021

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Santiago de Compostela; das tres universidades e da Deputación da Coruña; abren o prazo de inscrición para a súa quinta edición. Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’ reparten un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías nas que se divide o certame.

Leer más
Compartir: