OBRAS E DEPORTES
Sabugueira, Munín e Cesar melloran as condicións dalgúns dos seus vieiros
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou xunto con técnicos municipais e un representante da empresa que executou as obras en Lavacolla (Sabugueira), Munín (Laraño) e na parroquia de Cesar, nos que se acometeron tres obras de reforzo de firme financiadas pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos (POS 2010).
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O Concurso de Balcóns abrirase a toda a cidade na súa vindeira edición
Un balcón situado na Fonte de Santo Antonio foi o gañador do III Concurso de Balcóns da Cidade Histórica "Flores na cidade". Este certame abrirase na súa seguinte edición a toda a cidade, segundo anunciou a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, na entrega de premios, na que tamén participou a concelleira de Cidade Histórica, María Pardo.
ALCALDÍA
O alcalde felicita a Córdoba pola elección como sede da Copa Davis e agradece o traballo da candidatura compostelá
Minutos despois de coñecer a elección de Córdoba como sede da semifinal da Copa Davis, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa felicitou á cidade andaluza, á súa Corporación e aos seus cidadáns. Do mesmo xeito agradeceu o "excelente traballo" realizado pola candidatura compostelá e manifestou que esta experiencia servirá de estímulo para futuras candidaturas de Santiago a organizar eventos deportivos internacionais.
FESTAS
O Concello seguirá apostando por unhas Festas do Apóstolo participativas
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela fixeron balance das Festas do Apóstolo. Destacaron a "participación da cidade" nas distintas actividades do programa e a intención de seguir traballando nesta liña cara a futuras edicións, co obxectivo de converter as Festas nun "referente en Galicia".
CULTURA
O Festival dos Abrazos enche de cultura as rúas de Santiago con máis de 60 actividades
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presentou a programación do Festival dos Abrazos 2011 acompañado da xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia. O festival, que celebra a súa cuarta edición, ofrecerá do 8 ao 27 de agosto, en espazos singulares da cidade, 66 actividades de diferentes disciplinas.
ALCALDÍA
Conde Roa resalta o importante labor de asesoramento integral prestado polas oficinas municipais de rehabilitación
O alcalde, Xerardo Conde Roa, participou no acto de sinatura dos convenios de colaboración para o financiamento das Oficinas Municipais de Rehabilitación, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. O rexedor compostelán interveu en nome dos 32 concellos asinantes.
MOBILIDADE
Un servizo específico de autobuses unirá o casco urbano coa Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura estará unida coa propia cidade de Santiago a través dun servizo específico de transporte urbano, que nace con cinco frecuencias diarias en cada dirección. Este servizo xorde ante o crecente interese por visitar o complexo do Gaias e, en consecuencia, pola demanda tanto de veciños como de visitantes por unha conexión deste tipo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Amplíase ao mes de agosto o ciclo de cine ao aire libre "Os clásicos á rúa"
Debido ao gran éxito de público, a Concellería de Centros Socioculturais decidiu prorrogar durante este mes de agosto o ciclo de cine Os clásicos á rúa, que se realizou de balde na praza de San Martiño Pinario todos os mércores de xullo.
BENESTAR SOCIAL
Mil douscentos quilómetros para dar a coñecer a parálise supranuclear progresiva
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, recibiu o peregrino Lluís Carbonell na praza do Obradoiro. Chegou a Santiago despois de percorrer a pé 1.200 quilómetros dende a localidade catalá de Cerdanyola del Vallès (Barcelona), co obxectivo de dar esta enfermidade minoritaria, a causa da cal falecera súa nai.
ALCALDÍA
O Plan de Rede do Metro Lixeiro de Santiago estará listo no mes de outubro
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantiveron unha reunión en Raxoi, na que se analizaron as cuestións que o departamento autonómico ten en marcha na cidade de Santiago, coma o metro lixeiro, a variante de Aradas ou o saneamento e abastecemento, e outras nas que participa, como a conexión da Cidade da Cultura coa AP-9 ou a nova estación depuradora da Silvouta.