URBANISMO
O Concello apuntalará o talude da rúa de Betanzos e construirá o muro proxectado
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou o acontecido na mañá do sábado 19 co desprendemento dun talude e o enterramento dun vehículo estacionado na rúa de Betanzos. O Concello vai acometer o apuntalamento do noiro, para logo construír tamén o muro inicialmente contemplado no proxecto do edificio.
CULTURA
Guadalupe Plata, The Brew e Mighty Calacas abren o novo ciclo Blues Nite
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou un novo ciclo do Departamento de Cultura, o Blues Nite, que reúne os concertos de blues. Ademais, presentou tamén os dous novos TriCiclos que teremos dentro do Compostela Rock, para o que o acompañou Iván Arias, da promotora compostelá Work on Sunday, que é a impulsora dos ciclos.
DEPORTES
Santiago converteuse este domingo en punto de referencia do atletismo galego
O circuíto do Monte do Gozo acolleu este domingo o Campionato Galego de Cross Curto, do Campionato Galego Cadete e Xuvenil de campo a través e do Memorial Alejandro Lorenzo. Máis de 970 atletas participaron nas diferentes categorías, competindo nun atractivo circuíto, endurecido aínda máis polas malas condicións climatolóxicas.
DEPORTES
A Alameda acolleu o primeiro partido de hóckey sobre xeo na cidade
A pista de xeo instalada na Alameda acolleu o primeiro partido de hóckey sobre xeo en Santiago de Compostela. O Club Lóstregos e o Invernalia Team enfrontáronse neste encontro, no que o alcalde compostelán, Ángel Currás, realizou o saque de honra.
TURISMO
A praza do Obradoiro acolle un "atranque" do Entroido da Ulla o sábado 26 de xaneiro
Os Xenerais da Ulla chegarán dacabalo á praza do Obradoiro para escenificar un típico "atranque" ou "alto". Será o sábado 26 de xaneiro ás 12:00 horas. Trátase dunha presentación pública do Entroido tradicional da Ulla, que ten lugar nas inmediacións da cidade de Santiago dende a primeira metade do século XIX: os Xenerais van dacabalo, disfrazados con vistosas vestimentas militares similares ás desa época, que inclúen adornos puramente carnavalescos, que locen tamén os...
ALCALDÍA
O alcalde pide ao secretario municipal que informe da situación actual de todos os contratos con Sermasa
O alcalde compostelán, Ángel Currás, solicitou hoxe por escrito ao secretario municipal que informe da situación de todos os contratos existentes no Concello de Santiago coa empresa Servizos y Materiales, S.A. (Sermasa).
URBANISMO
Un cambio urbanístico facilitará a instalación de ascensores nas Casas de Ramírez e a liberalización de usos sen alterar a protección
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que no Pleno ordinario de xaneiro se aprobará definitivamente a modificación do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural de Santiago de Compostela. Este cambio afecta ao ámbito das denominadas Casas de Ramírez e entrará en vigor a mediados de febreiro.
ALCALDÍA
O Colexio de Avogados de Santiago entregou as súas medallas de ouro
O Hostal dos Reis Católicos acolleu a entrega das medallas de ouro do Colexio de Avogados de Santiago, nun acto ao que, entre outros, asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro Francisco Noya.
FACENDA
O Concello non executará gastos en proxectos financiados mediante transferencias antes do ingreso das mesmas
A concelleira de Facenda en funcións, María Pardo, avanzou algúns datos da auditoría contratada polo Concello en outubro de 2011 para realizar un diagnóstico económico-financeiro e unha análise da situación de xestión e operativa do Concello e dos seus servizos. A mostra representativa de proxectos analizados deixa un balance de máis de 170.000 euros de dereitos incobrables e de máis de 1.428.000 euros gastados en proxectos con dereitos recoñecidos pero non ingresados.
DEPORTES
Santiago acollerá un curso de prevención e readaptación de lesións deportivas
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Curso de Prevención e Readaptación de Lesións Deportivas, que se celebrará o sábado 9 e o domingo 10 de febreiro no novo Centro Sociocultural de Santa Marta. A inscrición abrirase o 21 de xaneiro.