CULTURA
Dúas novas propostas dentro do ciclo Teatro&Danza
Esta semana o Teatro Principal de Compostela acollerá dúas propostas do ciclo Teatro&Danza, que traerán as súas tablas ‘Viaxe a ningunha parte’, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez, e ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero
CULTURA
Albert Pla presenta "Manifestación" dentro do programa Íntimo&Acústico
O Teatro Principal acolle o venres 31 a partir das 21h o espectáculo Manifestación, que xira arredor dun home atrapado nunha manifestación eterna
EDUCACIÓN
Clausúrase a XIII Campaña Municipal de animación á lectura con máis de cinco mil participantes
A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu na Galería Sargadelos a unha sesión especial de contos e música para as familias no marco da Clausura da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, na que participaron 5500 escolares.
BENESTAR SOCIAL
Os composteláns celebraron o Día da Familia
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, comprobou in situ o bo funcionamento dos obradoiros programados para celebrar o Día Internacional da Familia. Ao longo da tarde foron moitos os composteláns e compostelás que se achegaron ata a praza Roxa para participar das actividades.
URBANISMO
Santiago únese á Rede CiViNET, que promove a mobilidade sostible urbana
A concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, representou ao Concello no encontro, que se celebrou en Santander os días 23 e 24 de maio.
BENESTAR SOCIAL
O Concello únese á celebración do Día Nacional do Celíaco
Un ano máis, a Asociación de Celíacos de Galicia celebrou o seu día cunha xuntanza en Santiago, no pavillón do IES de Fontiñas. O concelleiro Luis Meijide acudiu ao encontro en representación do Concello.
TURISMO
A praza do Obradoiro acolleu os soldados imperiais de Star Wars
Máis de 350 persoas disfrazadas de 'imperial stormtroopers', soldados imperiais, e outros personaxes da saga 'Star Wars' invadiron este sábado as rúas de Santiago de Compostela en homenaxe ao 30 aniversario da estrea do 'Retorno do Jedi'. No Concello foron recibidos polo alcalde compostelán, Ángel Currás. Esta iniciativa conta coa colaboración de Turismo de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
A concelleira María Castelao recolle un premio en Palencia no marco do programa Thao
O VIII Encontro Thao Palencia aúna conferencias de profesionais da saúde infantil con mesas redondas e grupos de traballo para escolas, ampas, profesionais da saúde e empresas. A concelleira de Benestar, María Castelao, representou ao Concello e recolleu o premio que acredita á cidade como participante no proxecto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Clausúranse con gran éxito de participación os obradoiros do programa Ler, Contar e Gozar coas Letras
O sábado, 25 de maio, ás 11:00, no CSC As Fontiñas, remata a actividade de animación á lectura que se veu desenvolvendo durante todo o mes de maio en 15 dos Centros Socioculturais co título Letras na Corda, dentro do programa Ler, Contar e Gozar coas letras, que tivo como protagonista ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os máis pequenos contarán cun amplo abano de actividades nos centros socioculturais para as mañás de xullo
A Concellaría de Centros Socioculturais, coa finalidade de ofertar un servizo para o lecer e o tempo libre dos máis pequenos durante as mañás do mes de xullo, facilita en sete localizacións da rede sociocultural, as "mañas de verán e de xogo". O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa completo de actividade en rolda de prensa.