CONSORCIO
Proxección dun vídeo na cristaleira do Museo das Peregrinacións con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase este martes, 25 de novembro. Con motivo desta data, o Consorcio de Santiago cede as instalacións do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na praza das Praterías, para a realización dun acto simbólico. Na cristaleira da fachada do edificio mostraranse unhas fotografías e proxectarase un vídeo para sensibilizar sobre este problema social. Será no horario habitual do museo, durante a mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00...
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local comeza unha campaña de vixilancia do transporte escolar
A Policía Local de Compostela adhírese á campaña de Vixilancia do Transporte Escolar e de menores, que terá lugar entre os días 24 e 30 de novembro, posta en marcha pola DXT. Santiago será unha das cidades onde se levarán a cabo estes controis especiais, sendo os axentes de Policía Local os que montarán os dispositivos nas vías urbanas con tal efecto.
CULTURA
Nils Malmros recibe o Premio Cineuropa
Este martes, o festival Cineuropa entrega o último dos seus premios, dedicado nesta ocasión a Nils Malmros, o cineasta que se sentou cinco días ao noso carón a ver o seu cinema para logo falar sobre el. A cerimonia, á que seguirá un novo pase de Sorrow and Joy, terá lugar no Salón Teatro ás 20:45 h. Malmros recibirá o premio de mans da concelleira de Cultura, María Antón.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a contribución da Escola de Altos Estudos Musicais para "impulsar e fortalecer a calidade e a excelencia musical na nosa cidade"
A Escola de Altos Estudos Musicais celebrou a inauguración do curso 2014-2015 do centro. Ao acto asistiron o alcalde, Agustín Hernández; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; a vicerreitora de Estudantes da Universidade de Santiago, Mª Dolores Álvarez; e o director asociado da Escola, Maximino Zumalave. Ao remate, o grupo de cámara de vento do curso de pograo de Especialización Orquestral do centro (recoñecido como título propio pola USC) interpretou a Serenata do compositor húngaro Ferenc Farkas.
MULLER
María Corral participou na andaina "Camiño ao respecto" en prol da sensibilización social contra a violencia de xénero
A concelleira de Muller, María Corral, participou na andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", con saída no Monte do Gozo e chegada na praza do Obradoiro. A proba foi organizada pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.
CULTURA
Estrea de "A pigeon sat on a branch reflecting on existence" e de "Saint Laurent" este luns 24 no festival Cineuropa
Comeza xa a última semana pero as estreas continúan en Cineuropa e, na xornada do luns 24, é de salientar Saint Laurent, de Bertrand Bonello, que se proxectará ás 20:00 h no Teatro Principal, un biopic nada tradicional sobre o afamado deseñador. É un filme provocador, máis próximo ao Ludwig de Visconti que á outra película que este mesmo ano lle dedicou Jalil Lespert ao desaparecido mito da moda.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aproba investimentos por máis de 1,6 millóns de euros para reurbanizacións e melloras do firme
A Xunta de Goberno, presidida polo alcalde, Agustín Hernández, aprobou na súa sesión ordinaria varios proxectos en materia de infraestruturas. As diferentes actuacións suman investimentos por máis de 1,6 millóns de euros.
XUNTA DE GOBERNO
Nova pista polideportiva nas Cancelas
O Concello vai construír unha nova pista polideportiva nunha parcela, lindeira coa rúa Vicente Risco, situada no SUNP-4 do Camiño Francés, no parque das Cancelas. O proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno.
XUNTA DE GOBERNO
Concello e Colexio de Avogados implantarán un servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
O Concello vai subscribir un convenio co Colexio de Avogados de Santiago para implantar un servizo de mediación a través desa entidades, dirixido a comerciantes e propietarios, para intentar lograr acordos na renovación dos seus contratos de aluguer. Así o acordou a Xunta de Goberno, que aprobou o texto do documento, no que se que recolle una contía de 5.000 euros para este fin.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse cos representantes veciñais do Romaño e do Eixo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá xuntanzas coa Asociación de Veciños Ponte do Romaño-San Xoán de Afóra e da Asociación de Veciños Domingo Cepeda, do Eixo.