MANTEMENTO E OBRAS
O Concello reurbanizará Rapa da Folla e mellorará a seguridade na rúa da Cañoteira (Meixonfrío)
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta hoxe dos proxectos de reurbanización da rúa de Rapa da Folla, da ampliación do vieiro da Cañoteira-Marrozos e da segunda fase da mellora da seguridade na rúa da Cañoteira (Meixonfrío).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O CEIP Lamas de Abade disporá dunha nova aula de infantil no espazo da antiga vivenda do conserxe
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP Lamas de Abade acompañado do seu director, Pepe Miguéns; do presidente da ANPA, Antón Barros, e dunha representante do CPR Raiola, Magdalena Rodríguez.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Programa de Conciliación de Verán volve en setembro con máis actividades
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 rematou a súa quenda de xullo cunha xornada de actividades no Parque Eugenio Granell. As Escolas de Verán volven en setembro, con actividades os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 do devandito mes.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa en "Música en Compostela" con dous concertos
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 9 de agosto, e o segundo o venres día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
MOBILIDADE
O casco histórico contará con 68 novos aparcabicis dende este mes de agosto
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación para darlles a coñecer os novos aparcabicicletas que se están a instalar no casco histórico durante este mes de agosto.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a primeira fase da renovación e modernización do alumeado público nos accesos á cidade
A Xunta de Goberno vén de aprobar o proxecto da fase I de mellora da instalación do alumeado público dos accesos a Santiago. Como indicou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, "trátase dunha actuación vinculada ao proxectos de axuda do IDAE, pola que Santiago recibirá 1,4 millóns de euros e que permitirá renovar máis de 2.000 puntos de luz en todo o Concello".
MOBILIDADE
O Concello amosa a súa satisfacción pola licitación conxunta dos proxectos da estación intermodal
O Concello de Santiago vén de coñecer que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) comunicou a súa intención de licitar de inmediato as dúas fases do proxecto da nova estación intermodal de Compostela.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este sábado unha vítima en Getafe (Madrid).
FACENDA
As propostas dos Orzamentos Participativos reciben case 5.000 apoios
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe dos resultados da segunda fase do proceso de Orzamentos Participativos do 2018, na que a veciñanza de Compostela puido dar o seu apoio ás propostas presentadas na fase anterior.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello solicita adherirse á nova fase de axudas para as ARI da Pontepedriña, Vite, Vista Alegre e Casco Histórico
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou esta mañá os detalles da solicitude do Concello para participar na prórroga do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal de Fomento do Alugueiro de Vivendas, Rehabilitación Edificatoria e Rexeneración Urbanas.