EMPREGO
Os alumnos e alumnas do programa de emprego Santiago Sustentable III reciben os seus diplomas na carballeira de Conxo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Zeltia Lado Lago, entregaron esta mañá os diplomas do programa de emprego Santiago Sustentable III aos 16 alumnos e alumnas participantes. Durante o acto tamén se presentou a app desenvolvida polo propio alumnado, coa que se pretende dar a coñecer as especies arbóreas do municipio ao mesmo tempo que se implica a cidadanía na identificación de novos exemplares.
TURISMO
A Comisión especial da memoria histórica dá o visto bo á colocación dun memorial en Santa Isabel en lembranza dos presos reprimidos pola ditadura
A Comisión especial da memoria histórica do Concello de Santiago, reunida hoxe, deulle o visto bó á colocación dun memorial na zona onde antigamente estaba o cuartel de Santa Isabel, en memoria, segundo explicou o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte "dos presos reprimidos pola ditadura ente 1939 e 1946".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as bases dos bonos "Corazón Compostela Praza de Abastos"
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as bases da concesión de axudas, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos a través dos bonos "Corazón Compostela Praza de Abastos".
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música programa dous obradoiros de verán
A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela iniciaron por primeira vez unha programación específica para o verán con actividades dirixidas a todas as idades, que contou cun elevado número de inscricións.
ACCIÓN CULTURAL
‘El jarrón infinito’ de Mar Ramón Soriano, nova intervención na Zona C
Seleccionada na modalidade de proxectos de creación artística para o espazo poderá visitarse, de balde, até o 24 de setembro. Este novo proxecto ocupará o primeiro e segundo andar da Zona C, situada na Praza de Cervantes.
MEDIO RURAL
O concelleiro de Medio Rural visita as actividades de verán nos centros socioculturais do rural
O programa posibilita que durante as mañás do mes de xullo os nenos e nenas das parroquias poidan desfrutar de actividades de tempo libre en torno aos centros socioculturais das parroquias.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza unha campaña para poñer en valor a calidade do sector
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron unha nova campaña de comunicación e marketing co obxectivo de mellorar a promoción dos establecementos e empresas da cidade especialmente comprometidos coa calidade, en concreto aqueles que contan coa distinción do Sistema Integral de Calidade en Destino (Sicted).
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia "escoitará o mundo" na súa programación para a temporada 2022-23
32 concertos en Santiago e 18 por toda Galicia compoñerán unha completa programación que irá de outubro a maio. Será a derradeira temporada programada por Paul Daniel como director artístico da orquestra.
ALCALDÍA
Recepción a Compostela Monumental no seu 30 aniversario
O Pazo de Raxoi abriu hoxe as súas portas á Asociación de Comerciantes Compostela Monumental, que celebra nestas datas o 30 aniversario da súa creación. Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e por representantes de todos os grupos políticos da Corporación.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Varios espazos emblemáticos de Santiago acollerán unha exposición ao aire libre do escultor Manolo Paz
Baixo o título "A distancia que une", a mostra componse de cinco grandes esculturas que se situarán na entrada do Museo do Pobo Galego, no Parque de Bonaval, na Alameda e na Cidade da Cultura, ademais de na praza do Obradoiro. O proxecto conta co apoio do Concello de Santiago onde foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañados polo propio escultor e o comisario da mostra, David Barro.