TURISMO
Cine, café, ópera, dieta atlántica e gastronomía no Fórum Cidade
O venres 24, o Fórum Cidade colle forza con actividades para todos os gustos. O Hostal dos Reis Católicos acollerá pola tarde dúas charlas gratuítas. Ás 19:00 horas, os profesores da USC Rafael Tojo e Rosaura Leis falarán sobre a Dieta Atlántica: nutrición, gastronomía, saúde e calidade de vida. A continuación, ás 20:30 horas, haberá unha charla sobre Ópera e Gastronomía, que inclúe unha degustación de viños da DO Valdeorras.
ALCALDÍA
Proxecto Home estrea a súa nova sede central
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ao acto de inauguración da nova sede central de Proxecto Home, na rúa do Cottolengo (O Paxonal). As instalacións levantáronse nunha parcela cedida polo Concello de Santiago.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil de Conxo converteuse por un día nun parque de bombeiros
A Escola Infantil Municipal de Conxo, converteuse nun parque de bombeiros, con motivo do Entroido 2012. A comunidade educativa deste centro educativo ten realizado un esforzo importante para que familias, educadoras e diferentes profesionais que colaboran coa Escola Infantil, dispuxeran deste novo encontro para a socialización e a aprendizaxe.
PLENO
O Pleno municipal aproba a ordenanza reguladora da inspección técnica de edificacións e nomes para novas rúas
O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria, aprobou unha lista de nomes para designar novas rúas da cidade. En materia urbanismo, deu o visto bo inicial á ordenanza reguladora da inspección técnica das edificacións (ITE).
TURISMO
Comezaron as actividades do Fórum Cidade
No restaurante Curro da Parra, varios concelleiros asistiron ao comezo do Fórum Cidade coa actividade Fórum Tapas, dentro da cal 12 establecementos, gañadores dalgún dos premios das pasadas edicións de Santiago(é)tapas, ofreceron a súa Tapa Fórum, creada especificamente para o evento.
ALCALDÍA
O Autos Lobelle terá unha rúa na cidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi ao Autos Lobelle de Santiago FS, con motivo da consecución a principios de febreiro da quinta Copa Xunta por parte do club santiagués. O acto serviu tamén para homenaxear a Aicardo, que vén de proclamarse campión de Europa coa Selección Española, e para anunciar que o Lobelle dará nome a unha rúa da cidade
BENESTAR SOCIAL
"Musicompostela" ofrece unha alternativa de lecer sen alcohol á mocidade santiaguesa
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Benestar Social e UMAD, Paula Prado, presenta o festival Musicompostela, actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias. Serán sete concertos na Sala Moon e nos que non se servirá alcohol.
TURISMO
Todo a punto para o Fórum Gastronómico
O interese polo Fórum Gastronómico Santiago 2012 segue en aumento, cun grande éxito de convocatoria na feira de expositores, con máis de 350 marcas presentes, e con algunhas sesións completas no seu programa oficial.
ENTROIDO
A queima do Meco puxo fin ao Entroido
Rematou o Entroido de Santiago de Compostela coa tradicional queima do Meco na praza Roxa. Atrás queda un concorrido desfile e varios días cargados de actividades e animación en barrios e parroquias.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Centros Socioculturais promove 17 viaxes e 20 rutas de sendeirismo pola xeografía galega e peninsular
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, caracterizado esta vez de Alatriste en consonancia con este tempo de Entroido, presentou os programas Imos de excursión e Imos de sendeirismo para este ano 2012. En total son 17 excursións e 20 rotas de sendeirismo ao longo da xeografía galega e peninsular.