CONVIVENCIA
O alcalde felicita os Bombeiros de Santiago no día do seu patrón
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, felicitou hoxe aos Bombeiros no día do seu patrón. Foi na recepción ofrecida no parque polo corpo, á que tamén asistiron o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e os voceiros do PP, Agustín Hernández; PSOE, Paco Reyes, e BNG, Rubén Cela. Ademais, participaron no acto os responsables da Policía Local, de Protección Civil, e dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
IGUALDADE
"Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista en diálogo con Erín Moure", ensaio gañador do I Premio Xohana Torres
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto no que se deu a coñecer o fallo do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual e se presentaron as bases da segunda edición. Este galardón recuperouse este ano con motivo do Día Internacional das Mulleres grazas a un convenio coa USC, mantendo a esencia pola que se creou e orientándoo á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.
IGUALDADE
A Corporación compostelá reitera o seu compromiso coa igualdade no Día Internacional das Mulleres
A praza do Obradoiro acolleu, neste 8 de marzo, a lectura dunha declaración institucional a cargo da concelleira de Igualdade, Marta Lois. No acto participaron concelleiros e concelleiras da Corporación, persoal municipal, medios de comunicación e veciños e veciñas.
COMERCIO
O I Foro TexAtlántica reunirá en Santiago máis de 200 profesionais da moda
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe o I Fórum do Sector Téxtil do Eixo Atlántico, TexAtlántica, que se celebrará do 9 ao 11 de marzo na Cidade da Cultura. Na rolda estivo acompañada de Fermi Pereira, directora de Heima Tours Galicia, a empresa organizadora do evento.
TURISMO
Turismo de Santiago participa convidado no Workshop Internacional de Turismo relixioso de Fátima
O municipio portugués de Ourém convidou a Turismo de Santiago a participar no V Workshop de Turismo Relixioso que organiza a Asociación Empresarial Ourém-Fátima, en colaboración co propio Município de Ourém e co apoio de Turismo de Portugal e de Turismo do Centro de Portugal.
CONSORCIO
O Consorcio e Alvarellos Editora publican o manuscrito inédito da obra "De catro a catro", de Manoel Antonio
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, en colaboración coa Universidade de Santiago, publican o manuscrito inédito da obra De catro a catro, de Manoel Antonio. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; xunto ao director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos. O coordinador desta edición...
ACCIÓN CULTURAL
Compostela Conversa, diálogos musicais e concertos, novo ciclo de Acción Cultural
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, presentou esta mañá o novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural, Compostela Conversa, no que poderemos ver a grupos dialogando arredor da música para despois ofrecernos un concerto. Fíxoo acompañada de Cristina V. Miranda, directora artística do ciclo.
HOMENAXE
O Concello de Santiago súmase á homenaxe a Valle-Inclán organizada pola Fundación Granell
O Concello de Santiago sumouse este mediodía á homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán organizada pola Fundación Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. O acto celebrouse na estatua dedicada ao escritor, no Paseo dos Leóns da Alameda.
DEPORTE
Recepción ás seleccións de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, acompañada doutros/as integrantes da Corporación, recibiu as seleccións absolutas de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña, que esta tarde, a partir das 20:30 horas, no Polideportivo de Santa Isabel, disputarán o Trofeo Cenor – Camiño de Santiago.
IGUALDADE
O Premio Xohana Torres, "Bravas e diversas" e unha declaración institucional centran os actos do Día Internacional das Mulleres
Mañá mércores, 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional das Mulleres. Por iso, o Concello de Santiago vén celebrando estes días e continuará a facelo durante todo o mes, unha chea de actividades para lembrar esta data.