DEPORTES
Un torneo de hóckey en Vite recadará fondos para a Cociña Económica
Os días 17, 18 e 19 de maio, o pavillón de Vite acollerá un torneo de hóckey en beneficio da Cociña Económica, organizado polo Hóckey Club Raxoi. Máis de 200 xogadores, a maioría escolares, participarán nesta competición solidaria.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o servizo de medición de ruídos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou o servizo de medición de ruídos derivados de actividades de carácter comercial, industrial ou de calquera outra fonte de ruído no termo municipal de Santiago. Ademais, deu o visto bo a varias licenzas de obras do Consorcio en igrexas da cidade e á solicitude dunha subvención para o programa Emprego Santiago II.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A USC celebrou o Día das Letras Galegas coa presentación dun volume sobre Vidal Bolaño
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu ao acto con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola USC no salón nobre do Pazo de Fonseca. No mesmo presentouse o volume Roberto Vidal Bolaño. Día Letras Galegas 2013, que coordinou o profesor Anxo Tarrío Varela.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a touroperadores, axentes de viaxes e xornalistas rusos
Turismo de Santiago colabora coa axencia de viaxes catalá Novovira na organización dunha viaxe de profesionais do sector turístico ruso para que poidan coñecer a cidade de primeira man. A axencia Novovira é unha das axencias de receptivo de turismo ruso máis importantes de España e actualmente está abrindo o seu abano de produtos para este mercado crecente dado o seu interese en novas ofertas máis aló do turismo de "sol e praia".
CULTURA
O Auditorio acolle unha nova exposición: "15 contos breves e extraordinarios"
Inaugurouse no Auditorio de Galicia 15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove, unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade. A exposició poderá visitarse ata o 29 de setembro.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Conservatorio Profesional de Música homenaxeou a Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos"
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela homenaxeou a figura de Rosalía de Castro cun concerto especial en San Domingos de Bonaval con motivo do 150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, sumouse a esta iniciativa, que incluíu tamén unha ofrenda floral antes do concerto a cargo de alumnos do Conservatorio e do IES Rosalía de Castro.
MEDIO RURAL
Comeza o arranxo das pistas de Vilamaior, na parroquia da Lavacolla
O concelleiro responsable da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya, e Luis Meijide, concelleiro adscrito a esta área e interlocutor directo coas asociación de veciños do rural, comprometéranse a arranxar nun prazo de dúas semanas unhas pistas no lugar de Vilamaior (parroquia da Lavacolla), respondendo a unha longa demanda dos veciños da zona e da súa asociación veciñal. As obras veñen de comezar.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os gañadores do concurso de lemas de "Gústame o galego" recibirán os seus agasallos o 17 de maio
A praza do Toural (ou o Pazo de Bendaña, no caso de choiva) acollerá ás 13:45 horas do venres 17 de maio a entrega de agasallos aos autores dos lemas máis votados en Facebook e Twitter dentro da campaña Gústame o galego. Recibirán cadanseus lectores de libros dixitais no marco dunha xornada chea de actividades con motivo do Día das Letras Galegas.
FESTAS
As atraccións da Alameda custarán a metade o sábado 18 e o domingo 19
As Festas da Ascensión concluíron o seu programa, pero as atraccións instaladas na Alameda con motivo desta celebración seguirán aínda ata o vindeiro domingo, 19 de maio.
ECONOMÍA
Nace o Premio Emprende Santiago
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raoxi o novo Premio Emprende Santiago, organizado polo Concello de Santiago e AJE Santiago. A concelleira estivo acompañada por Oscar Valcuende, presidente AJE Santiago; Carmen José López, directora do Comité AJE Santiago, e Juan José Gómez, representante de DCM Asesores, un dos patrocinadores.