ALCALDÍA
O alcalde reitera a súa solicitude de reunión co ministro de Fomento
O alcalde vén de reiterar hoxe a súa solicitude de manter unha xuntanza co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan varias infraestruturas pendentes en Santiago. Martiño Noriega mostrouse confiado en que "esta petición sexa atendida, para resolver canto antes algunhas dúbidas sobre as actuacións comprometidas".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Visita didáctica á ETAP
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado polo xerente de Viaqua, José Antonio Rey, participou este martes nunha visita didáctica á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), á que asistiu un grupo de escolares do IES Lamas de Abade.
ALCALDÍA
Visita dunha delegación de responsables de cooperación de Tecoluca (El Salvador)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha delegación de responsables de cooperación do Concello de Tecoluca (El Salvador).
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na tradicional poxa das uñas de San Lázaro
O alcalde de Santiago sumouse esta mañá á festividade de San Lázaro, e participou na tradicional poxa das uñas. Martiño Noriega estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. Os dous poxaron e conseguiron levar cadanseu lote de uñas.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Un "abril de eventos mil" no noveno número de Compostelánea
As concellarías de Turismo e Acción Cultural presentaron no Pazo de Raxoi o número de abril de Compostelánea, a publicación municipal que informa da ampla oferta cultural e de ocio de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde comprométese a estudar o aumento da carga de traballo aos centros especiais de emprego
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego, Cegasal. Na xuntanza con José Antonio Vázquez tamén participaron a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o presidente da Asociación Compostelá de Autotaxi, José Miguel Pérez Lamas.
CONSORCIO
O tenor británico Sam Furness cantará esta semana coa Real Filharmonía "As iluminacións" de Britten
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o xoves 6, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. E o venres a agrupación desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación da cidade, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o aclamado mestre londiniense Jonathan Webb, que esta tempada estreouse como principal director convidado da orquestra.
CONVIVENCIA
Aprobada a resolución que actualiza a declaración de "zonas saturadas"
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, vén de asinar a resolución pola que se actualizan e harmonizan as normas sobre declaración de zonas saturadas. Trátase do texto que fora presentado na mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna celebrada no pasado 15 de marzo, na que se puxeran de manifesto as dificultades que supuña o feito de ter introducido sucesivas modificacións no decreto aprobado en 2011, pero sen harmonizar o texto orixinario. A resolución entrará en vigor ao día seguinte da...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as sesións didácticas do programa "Aquoloxía"
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado polo xerente de Viaqua, José Antonio Rey, visitaron esta mañá o CEIP Raíña Fabiola para participar nunha sesión do programa educativo Aquoloxía, no que participan escolares de 3º de educación primaria dos centros de ensino da cidade. Este martes, ás 10:00 horas, participarán nunha visita a didáctica a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).