ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa xunta directiva do Colexio de Avogados
O rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa, desprazouse ata a sede do Colexio de Avogados para escoitar as demandas do colectivo.
MULLER
Un Camiño solidario contra a violencia de xénero
Os actos programados pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) continuaron coa celebración dun Camiño solidario.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que a nova avenida Manuel Fraga Iribarne salda unha débeda por "tantos servizos prestados a esta cidade"
A Cidade da Cultura acolleu o acto de inauguración da avenida Manuel Fraga Iribarne. Dábase así cumprimento ao acordo do Pleno da Corporación de outorgar o nome do ex presidente da Xunta a este vieiro, que une Sar co complexo do Gaiás, proxecto que el impulsou.
MULLER
Os escolares de Santiago trazan un camiño de pegadas contra a violencia de xénero
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a cidade histórica foi o escenario da culminación do programa Esta é a miña man. Escolares de Compostela uniron as pegadas das súas mans como símbolo de unión na loita contra a violencia de xénero.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu unha delegación de representantes provinciais e municipais da rexión italiana de Abruzzo
O alcalde compostelán recibiu unha delegación das provincias italianas de Teramo e Chieti, e dos municipios de Lancioano e Manopello (rexión de Abruzzo). Xunto con eles visitaron Raxoi representantes da rede Camiños de Europa.
CULTURA
Cineuropa propón unha experiencia divertida dirixida aos espectadores do futuro
Dentro das actividades paralelas ao Festival, Cineuropa ten moi en conta aos que no futuro serán os seus espectadores. Así, ademais da tradicional programación de Cine Miúdo e os obradoiros de iniciación ao cine ou de técnicas cinematográficas, os máis novos poderán achegarse o sábado 26 ata a praza Roxa, a partir das 16:30 horas, e gozar dunha divertida experiencia con A Caixiña dos Mistos. Esta actividade está dirixida, fundamentalmente, aos nenos e nenas de ata 14 anos e a entrada é...
CULTURA
O festival Cineuropa reserva para a súa última semana o cine máis esperado
A XXV edición de Cineuropa reserva para a súa última semana o groso dos títulos que máis expectación teñen espertado este ano. O cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos, como é o caso do Oso de Prata en Berlín, O cabalo de Torino, ou a fin do mundo segundo Bela Tarr; a capacidade para sorprender dos franceses Bruno Dumont ou Bertrand Bonello, que removeron Cannes con Hors Satan e L'Apollonide. E o atrevemento do xaponés Shion Sono con Cold Fish e.../em>/em>
CULTURA
Cineuropa, referente do Novo Cinema Galego
Cineuropa converte ao Teatro Principal no referente do Novo Cinema Galego ao estrear as últimas producións de Alberte Pagán, A pedra do lobo e de Xurxo Chirro, Vikingland, que vén de ser seleccionada e recoller excelentes críticas nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Tanto Pagán como Xurxo Chirro presentarán ao público, o venres 25 pola tarde, as súas obras e manterán un debate posterior ás proxeccións.
EDUCACIÓN
Visita da Asociación de Dano Cerebral Sarela á Escola Municipal de Música
A Asociación de Dano Cerebral Sarela visitou a Escola Municipal de Música. Os seus integrantes disfrutaron dunha visita guiada, de actividades musicais e dun pequeno concerto co obxectivo de achegarlles aspectos de interese na súa educación relacionados coa música.
MULLER
Un lazo violeta contra a violencia de xénero
O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte, da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, realizou un reparto de lazos violetas no habitual mercado dos xoves, en Salgueiriños. Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), este acto pretendía concienciar á poboación de Santiago sobre a problemática da violencia de xénero e sobre a necesidade dunha loita activa contra a mesma.