TURISMO
Turismo de Santiago lanza a campaña "Somos Anfitrións" para captar turismo de congresos
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago, Mar Lorenzo, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron no Pazo de Raxoi a nova campaña do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago, dirixida á captación de turismo de congresos baixo o lema "Somos Anfitrións".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Preséntase a segunda edición de Compostela Somos Cultura, que ten como obxectivos apoiar o sector e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local
Hoxe presentouse a segunda edición da campaña #CompostelaSomosCultura, promovida pola oficina de Promoción Económica, no marco do Programa "Compostela Móvese 2021". Unha campaña que ten como obxectivos apoiar o tecido cultural compostelá, descubrir novos talentos; e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Inés Portela, coordinadora da comunicación e da producción audiovisual da...
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Os Premios Youtubeiras pechan este venres o prazo de inscrición para a súa quinta edición
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Santiago, das tres universidades e da Deputación da Coruña, pechan este venres, 22 de outubro, ás 23.59 h o prazo de inscrición para a súa quinta edición.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de selado e clausura do vertedoiro de Aríns e o contrato da iluminación de Nadal
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou hoxe adxudicar o contrato de " Execución do proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns", á empresa Explotaciones Gallegas S.L., por un importe de 842.424 euros, IVE incluido, ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas.