CONSORCIO
O viola polaco Krzysztof Chorzelski tocará este xoves coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un novo concerto de abono este xoves 11, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. Nesta ocasión levará a batuta o director galego Diego García Rodríguez.
DEPORTE
O Multiúsos de Sar acolle o Campionato de España de Boxeo de peso galo
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o combate que enfrontará ao amiense Moncho Mirás co aspirante mallorquino Momen Mahdaj. Na rolda estivo acompañada do boxeador, do seu mánager, Chano Planas, e do adestrador do club organizador, Manuel Diéguez.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o asasinato dun neno en Oza-Cesuras.
MEDIO AMBIENTE
A veciñanza de Galeras xa ten ao seu dispor un renovado parque infantil
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou esta mañá o novo parque infantil de Galeras, aberto ao público dende o pasado venres. O edil mostrouse satisfeito coa boa acollida que está a ter esta nova área de xogos, "renovada por vez primeira despois de 14 anos, grazas a un investimento de preto de 75.000 euros".
COMERCIO
Área Central acolle unha nova edición da Feira Caravaning Compostela
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; Manuel Ángel Fernández-Arruty, presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, e David Abelenda, xerente de Autocaravanas Costa da Morte, presentou a IV edición da Feira Caravaning Compostela, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de maio en Área Central.
FESTAS
Miss Caffeína, Shinova, Luís Brea y El Miedo e Druso abren as festas da Ascensión 2017
A concellería de Mocidade, Noa Morales, presentou este mércores a primeira gran cita da Ascensión 2017: o concerto de Los40 Trending on Stage. A edil estivo acompañada polo director rexional da Cadena SER en Galicia, Jordi Jordá, e polo coordinador rexional da emisora, Gabi Davila.
MEDIO AMBIENTE
Xornada de divulgación sobre a problemática da contaminación luminosa
Este sábado, 13 de maio, terá lugar no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) unha xornada de dilvulgación sobre a problemática da Contaminación Luminosa, que comezará pola mañá cun obradoiro para rapazas e rapaces maiores de 7 anos e rematará pola tarde cunha charla-coloquio na que expertos no tema nos achegarán á orixe desta problemática, ás súas consecuencias e ás posibles solucións.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Milán, Bolonia e Padua
Turismo de Santiago participa esta semana nunha acción de promoción organizada pola Oficina Española de Turismo en Milán, que permitirá presentar a cidade aos profesionais do sector do norte de Italia. A acción desenvolverase nas cidades de Milán, Bolonia e Padua, tres das grandes cidades do norte italiano.
ALCALDÍA
Os terreos para a construción da intermodal estarán dispoñibles antes de que acabe o ano
O alcalde, Martiño Noriega, reuniuse esta mañá en Madrid co presidente de Adif, Juan Bravo, nunha xuntanza que tiña como obxectivo avanzar na definición do proxecto da nova estación intermodal. O rexedor cualificou de "moi satisfactorio" este encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte.
TURISMO
As Cidades Patrimonio promociónanse no mercado italiano
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade realizou unha campaña de promoción dos seus destinos no mercado italiano, en colaboración coa Oficina Española de Turismo en Roma.