ALCALDÍA
Agustín Hernández anima á cidadanía de Compostela a implicarse na I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en Área Central á presentación da I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). A proba celebrarase o 26 de abril, a partir das 11:00 horas, no Campus Vida, e a inscrición terá un custo de 5 euros.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que a apertura de Bricomart marque o inicio da reactivación do asentamento de empresas na Sionlla
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no acto inaugural das instalacións de Bricomart no parque empresarial da Sionlla. O rexedor municipal saudou esta nova oferta empresarial, por canto supón a constatación da "paulatina ocupación deste parque empresarial" e "da progresiva recuperación da actividade da construción".
TURISMO
O aeroporto de Santiago suma doce meses de crecemento continuado
O aeroporto de Santiago sumou no mes de marzo o seu duodécimo mes consecutivo de crecemento. En marzo o aeroporto de Santiago moveu máis de 157.000 pasaxeiros, cun crecemento do 10,3% respecto do mesmo mes do ano pasado. Trátase do segundo crecemento máis importante dos últimos doce meses, só superado polo mes de outubro de 2014. Deste xeito consolídase a tendencia positiva do aeroporto de cara a tempada aeronáutica de verán.
CONSORCIO
A pianista italiana Beatrice Rana, de tan só 22 anos, toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 16, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. E o venres 17 desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación, ás 20:30 horas. En ámbalas citas, que representan unha homenaxe a Mozart, levará a batuta o director francés Fabien Gabel.
CONSORCIO
Último mes para solicitar axudas destinadas a rehabilitar elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 150.000 euros en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago. O prazo para acollerse a estas subvencións remata o vindeiro 15 de maio.
TURISMO E DEPORTES
A carreira SantYaGo10K mantén o prezo de inscrición a seis euros ata o 26 de abril
O sábado 9 de maio celebrarase SantYaGo10K, a primeira carreira nocturna de 10 quilómetros de Santiago. O prezo de inscrición será de seis euros ata o domingo 26 de abril, cun desconto especial para todos os abonados ao Multiúsos Fontes do Sar, que poderán inscribirse por só tres euros. A partires do 27 de abril, o prezo de inscrición será de 12 euros para todos os participantes. O prazo de inscrición remata o 3 de maio.