ALCALDÍA
Agustín Hernández agarda que a modificación da ordenanza reguladora do vello hospital provincial permita á USC desenvolver os seus proxectos de futuro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinaron o protocolo entre a USC e o Concello que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5, para xestionar o alleamento na parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial de Galeras. Avánzase así no proceso de recuperación deste antigo edificio- situado nunha parcela que era a única pendente de desenvolvemento nesta zona- co fin de dotar finalmente á cidade dun equipamento que satisfaga o interese público.
CULTURA
Catro concertos no Principal e un maratón na Quintana dentro do VIII Ciclo de Jazz 1906
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación en Compostela do Ciclo Jazz 1906, que este ano celebra a súa oitava edición. Na rolda estiveron tamén Carlos López, director artístico do ciclo, e Santiago Miguélez, brand manager de 1906.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude oferta 17 actividades formativas entre febreiro e xullo
A Concellería de Xuventude pon a disposición dos mozos e mozas de Compostela unha ampla oferta de actividades formativas entre os meses de febreiro e xullo. A titular do Departamento, Maite Cancelo, presentou o programa de accións, composto por 17 cursos e talleres, dos que 12 serán de balde. A inscrición xa está aberta.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Santiago de Compostela, distinguida como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2014"
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, recolleu en Burgos o galardón outorgado a Santiago de Compostela como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2014". Estas distincións, concedidas polo Ministerio de Economía e Competitividade, recoñecen, tal como expresan as súas bases, "as cidades líderes na creación de vantaxes competitivas grazas á conxunción do capital intelectual e do coñecemento dos seus recursos humanos, con avanzadas infraestruturas locais de forte...
EDUCACIÓN
Proceso de admisión e matrícula do alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Curso Escolar 2015-2016
O Departamento de Educación publica a información relativa aos procesos de admisión e matrícula para alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2015-16, co obxecto de que sexa accesible ás familias de Santiago de Compostela.