DEPORTES
Uns 300 deportistas participarán esta fin de semana no pavillón de Santa Isabel no VII Trofeo de Judo "Cidade de Santiago"
A concelleira de Deportes, María Corral, presentou o VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, que se celebrará no Complexo Deportivo de Santa Isabel esta fin de semana. Na rolda estivo acompañada por Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo. Participarán uns 300 judokas.
XUNTA DE GOBERNO
A reurbanización do último tramo da rúa da Pastoriza completará a recuperación urbana do ámbito entre San Roque e San Caetano
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora de accesos á Almáciga, no ámbito da Pastoriza. Esta actuación, que se inclúe no Programa Urbana Santiago Norte, dá continuidade ás intervencións para a mellora da accesibilidade nas zonas altas da Almáciga, entre a rúa Pastoriza e San Roque, onde se están a abordar actualmente tamén as obras do tramo Basquiños-A Pastoriza, e o tramo Santa Clara-Basquiños, en fase de licitación.
PISTA DE XEO
Nova xornada de portas abertas na pista de xeo este luns 9 de febreiro
O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta de novo este luns 9 de febreiro, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O recinto instalado no parque central da Alameda continuará aberto ata o 15 de febreiro.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A RECI, da que forma parte Santiago, presenta as actuacións realizadas cara a xestión intelixente das cidades
Segovia acolleu a VIII reunión do Comité Técnico da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), na que representantes dos 60 municipios que actualmente a integran presentaron as actuacións levadas a cabo polos seus cinco grupos de traballo nos últimos meses, co fin de avanzar cara a xestión intelixente das cidades dunha forma coordinada, consensuada e colaboradora. En representación de Santiago de Compostela, cidade integrada nesta rede, participou o responsable do Departamento de Innovación, Fernando Suárez.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Primeiras citas do ano de "Imos ao baile"
Este sábado 7 de febrero, ás 17:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, primeira das citas deste ano 2015 do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.
CONSORCIO
Alumnos de corda e vento da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto gratuíto no centro este domingo
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) pon en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados por alumnos do centro en diferentes puntos de Compostela ao longo do curso académico. Dentro desta iniciativa, este domingo, 8 de febreiro, a Escola acollerá a primeira actuación do ano, cuxos protagonistas serán, por primeira vez, os alumnos de corda e vento do Curso de Especialización Instrumental (CEI). Este concerto celébrase en colaboración co Concello de Santiago no marco do Ciclo de Novas...
ALCALDÍA
O alcalde e o conselleiro de Cultura e Educación visitaron as obras de restauración do campanario de San Martiño Pinario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, visitaron o mosteiro de San Martiño Pinario, onde xa comezaron as obras de restauración do seu campanario. Deste xeito dáse cumprimento ao compromiso adquirido co Concello de Santiago o pasado mes de setembro, cando se acordara executar tanto estas obras como as de ampliación do CEIP Monte dos Postes.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca o compromiso do Colexio de Avogados de Santiago na defensa do mantemento das sedes xudiciais na cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos actos organizados polo Colexio de Avogados de Santiago con motivo da festividade de San Raimundo de Peñafort. No acto, celebrado no salón nobre do Pazo de Fonseca, entregáronse as Medallas de Ouro do Colexio ao avogado Xosé Seoane e ao xuíz Luís Aláez, e o VI Premio de Dereitos Humanos ao xornalista Nacho Mirás.
CULTURA
Teatro, humor, música e programación infantil para esta fin de semana
A programación cultural para esta fin de semana ofrece sete citas de seis espectáculos diferentes. Na xornada do sábado poderemos asistir no Teatro Principal á última función de Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, e teremos, tamén dentro deste Bono, Falándolle a un espello, con Diego Freire, na Zona C. Ademais, Pablo Chiapella ofrece no Auditorio Abanca o seu espectáculo Sí, soy el señor no ciclo Falabaratos, e co.../em>
CULTURA
María Castellanos, seleccionada para expoñer en La New Fair, en Madrid
María Castellanos acaba de clausurar a intervención Lo real na Zona C (Bonaval, 1) como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013, coa instalación interactiva Imaxe virtual. Esta peza, que indagaba sobre a percepción, foi seleccionada para ser exposta en La New Fair entre máis de 450 dossieres dos que se seleccionaron 25 artistas e onde se amosa a arte máis emerxente e actual. La New Fair celébrase os días 26 e 27 de febreiro en La.../em>/em>