DEPORTES
Sábado de loita olímpica e rugby no calendario deportivo da fin de semana
Santiago ten esta fin de semana un intenso programa deportivo. Ao habitual calendario competitivo sumouse este sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior e unha concentración das escolas galegas de rugby. A concelleira de Deportes, María Corral, achegouse a ambas citas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Club de Teatro do Centro Sociocultural de Vite actúa este domingo na Rocha
Este domingo 1 de marzo, ás 18:00 horas, o Local Sociocultural da Rocha acollerá a representación da obra "Nin fé…nin café!", representada polos membros do Club de Teatro do Centro Sociocultural de Vite, baixo a dirección de Xurxo Barcala.
EDUCACIÓN
Inícianse as viaxes de escolares da "Aula de Patrimonio", o programa pedagóxico das Cidades Patrimonio de España
Este luns, 2 de marzo, o Colegio Misioneras da Providencia de Salamanca e o CEIP Virgen de Guadalupe de Úbeda inauguran a segunda edición do programa educativo Aula de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, cunha viaxe de tres días de duración a Santiago de Compostela e a Alcalá de Henares, cidades nas que serán acollidos polo CEIP Raíña Fabiola e polo CC Sagrado Corazón de Jesús (Filipenses), respectivamente. Inícianse así as 15 viaxes de intercambio entre os alumnos que participan...