ALCALDÍA
O obradoiro Ecotur Santiago II permitirá empregar a 45 persoas e crear un centro BTT na antiga escola da Susana
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausuraron obradoiro de emprego Ecotur Santiago, que permitiu a 23 alumnos e alumnas formarse e traballar durante seis meses. No acto, ao que tamén asistiu a concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, e que se celebrou no novo Centro de Interpretación de Villestro -froito do traballo destes alumnos- o alcalde anunciou a solicitude ao departamento autonómico da súa colaboración para por en marcha a segunda edición do...
DEPORTES
O casco vello acollerá o 9 de maio a 1ª carreira nocturna homologada SantYaGo10K
O sábado 9 de maio celebrarase en Santiago de Compostela a 1ª carreira nocturna homologada SantYaGo10K, un circuíto urbano de 10 quilómetros. A proba foi presentada en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Deportes, María Corral, do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e do presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José A. Juanatey.
CONSORCIO
O músico alemán Jürgen Kussmaul impartirá clases a vindeira semana na EAEM
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido violista alemán Jürgen Kussmaul transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de corda. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense un total de catro prazas para alumnos externos ao centro.