XUVENTUDE
Continúa aberta a inscrición nas actividades do Verán Activo 2013
As actividades do programa Verán Activo 2013, da Concellería de Xuventude, manteñen aberta a súa inscrición. As diferentes accións desenvolveranse no mes de xullo. Unha delas, o campamento, o English Surf Camp, xa esgotou as súas prazas.
CONGRESO
O VI Congreso Internacional de Psicoloxía Clínica reúne en Santiago destacados relatores e máis de 1.000 participantes
A concelleira Rebeca Domínguez participou na apertura do VI Congreso Internacional e XI Nacional de Psicoloxía Clínica, que se celebra na Escola Galega de Adminnistración Pública (EGAP) do 6 ao 8 de xuño.
DEPORTES
Máis de 300 ximnastas participarán en Santa Isabel na II Gala Ximnasia Rítmica
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a II Gala Ximnasia Rítmica, que se celebrará o sábado 8 de xuño, ás 18:15 horas, no pavillón de Santa Isabel. Acompañouno a adestradora do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabete, que lembrou que o evento terá tamén un compoñente benéfico, coa recollida de tapóns solidarios para o tratamento de Matías, o neno de Teo afectado por unha lesión cerebral.
MOBILIDADE
O Concello acomete o pintado integral da sinalización viaria horizontal
O concelleiro de Tráfico, Luis Bello, deu conta en rolda de prensa dos traballos de pintado da sinalización horizontal que se veñen realizando dende hai xa dúas semanas. Está previsto que a finais de setembro poidan estar rematados estes labores.
ALCALDÍA
Máis de medio millón de euros da Deputación como apoio á actividade sociocultural do Concello
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron tres convenios de colaboración para o financiamento da rehabilitación da Casa de Brandía para centro sociocultural en Vidán; para financiar o programa de actividades durante o ano 2013 do Auditorio; e para o sostemento do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche durante o ano 2013. O organismo provincial destina 560.000 euros a estes tres iniciativas.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de mellora do estanque do parque da Alameda
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto e iniciou o expediente de contratación das obras de mellora do estanque da Alameda, cun tipo de licitación de 99.156 euros máis IVE. Ademais, deu o visto bo á adhesión do Concello ao convenio suscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) referente á detección de supostos de vulnerabilidade en situacións de desafiuzamentos.
ALCALDÍA
O alcalde participará en Córdoba na Asemblea Xeral das Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Córdoba o 7 e 8 de xuño. Á reunión asistirán o alcalde compostelán, Ángel Currás, e os outros rexedores municipais das 13 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo primordial é a defensa e promoción do seu patrimonio cultural, cuxo valor excepcional recoñeceu a UNESCO ao inscribilo na Lista do Patrimonio Mundial.