EMPREGO
Concello de Santiago e Cogami reforzan o compromiso de colaboración en materia de emprego e de accesibilidade
A concelleira de Turismo e Emprego, Reyes Leis, reuniuse en Raxoi con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), cos que repasou algúns dos temas da competencia do seu departamento, como o emprego ou a accesibilidade dos establecementos turísticos.
CULTURA
Via Stellae aposta pola diversidade de oferta e de espazos nunha oitava edición con 21 concertos ao longo de dúas semanas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a oitava edición do festival Vía Stellae, que se desenvolverá do 5 ao 19 de xullo en diferentes espazos da cidade. Serán 21 concertos, 13 deles gratuítos, ao longo de dúas semanas.
COMERCIO
Vinte e sete comercios participarán na Cidade da Cultura no desfile "Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda"
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, e de Francisco Pernas, director da asistencia técnica na celebración do desfile, presentaron o Desfile final dentro do programa de dinamización comercial promovido pola Concellaría: Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda. Será o sábado 29 de xuño, ás 20:30 horas, na Cidade da Cultura.
ALCALDÍA
A Real Filharmonía de Galicia encara unha nova temporada de abono co obxectivo ampliar o seu público
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, un día antes da presentación da nova temporada de abono da formación, que incluirá 30 concertos.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor en prol das mulleres da Asociación de Amas de Casa Virxe de Bonaval
O alcalde compostelán recibiu as integrantes da Asociación de Amas de Casa Virxe de Bonaval, presidida por Aurora Lamas dende 1991. Nun acto celebrado no salón vermello, Ángel Currás recoñeceu o labor desta Asociación en prol da muller durante varias xeracións.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Reunión do Padroado da Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego
O concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, asistiu á reunión do Padroado da Fundación Antonio Fraguas, celebrada no Museo do Pobo Galego.