XUVENTUDE
Estudantes de comercio con bo nivel de idiomas axudarán a turistas e hostaleiros
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, reuniuse cos presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Otero e Jesús Sordo, e un representante do grupo PREMIR. O obxectivo desta xuntanza é preparar un proxecto piloto de voluntariado co que se pretende que estudantes de comercio internacional na mencionada academia, con bo nivel de inglés, entre outros idiomas, sirvan de axuda a turistas e hostaleiros.
COMERCIO
Comezaron os "outfits" nas tendas participantes no "Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda"
Co obxectivo de dinamizar o sector, incentivar o consumo e incrementar as vendas, a Concellaría de Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura -lugar onde se celebrará o desfile final- puxo en marcha o programa de dinamización comercial Sensación- all,o teu comercio está de moda.
CULTURA
Mofa e Befa pechan esta temporada e abrirán a próxima do ciclo Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou no Teatro Principal, as das dúas obras que nos achegarán Mofa e Befa (Producións Teatrais Excéntricas): Sempre ao lonxe e Románticos. Estivo acompañado do director Quico Cadaval e dos actores Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz.
SEGURIDADE CIDADÁ
Santiago de Compostela rexistrou unha redución do número de infraccións penais nos primeiros cinco meses de 2013
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiron na Casa do Concello a reunión da Xunta Local de Seguridade. Na xuntanza constatouse que nos primeiros cinco meses do ano houbo unha redución das infraccións penais.
SEGURIDADE CIDADÁ
Os barrios e parroquias de Compostela celebrarán o San Xoán con 237 cacharelas
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, deu conta das solicitudes de cacharelas para a noite de San Xoán, o domingo 23 de xuño. En total, sumadas tamén algunhas sardiñadas previas, autorizáronse 237 cacharelas.
TURISMO
Padrón, Rois e Teo acollen a primeira excursión organizada dende Área Santiago
A concelleira de Turismo e o concelleiro de Centros Socioculturais de Santiago, Reyes Leis e Francisco Noya, acompañados do alcalde de Rois, Ramón Tojo, e os concelleiros de Turismo de Teo, Anxo Rey, e de Padrón, Carmen Lois, presentaron no Pazo de Raxoi a primeira excursión organizada dende Área Santiago, grupo de traballo composto por 19 concellos para a súa promoción turística conxunta.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Taramundi é o destino dos gañadores do Club de Debate 2013
Os días 27, 28 e 29 de xuño, a vila asturiana de Taramundi recibirá a visita dos equipos de do CPI Os Dices de Rois e o IES Saturnino Montojo de Ferrol, gañadores da edición 2013 do Club de Debate. Nesta viaxe tamén participará o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, clasificado en terceiro lugar e ao que os gañadores do concurso decidiron convidar.
EDUCACIÓN
Compostela uniuse ao Día Europeo da Música cunha xornada de concertos
A concelleira de Educación, María Castelao, deu o pistoletazo de saída ás actuacións con motivo do Día Europeo da Música. Así, na praza das Praterías, actuaron a Orquestra do Espazo de Cámara da USC e a Banda Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Fin de semana repleto de actividades nos centros socioculturais
Continua desenvolvéndose exitosamente o programa Imos ao baile 2013, da Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. As próximas citas serán esta fin de semana.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC das Fontiñas acolleu a quinta edición do Encontro Interxeracional de Xadrez
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o V Encontro Interxeracional de Xadrez, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Foi unha tarde dedicada a esta práctica deportiva, que practican habitualmente máis de 100 usuarios dos centros socioculturais.