NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os escolares do CEIP López Ferreiro viron o documental "Shoots from Abyssinia" e conversaron co seu autor
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu no CEIP López Ferreiro á presentación do documental Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández, e ao posterior coloquio co autor.
BENESTAR SOCIAL
Os participantes nas Aulas da Terceira Idade celebraron o fin de curso
A Asociación Cultural de Formación Permanente de Adultos (Ategal) celebrou o peche do curso 2012-2013 cun acto festivo no Colexio Maior San Agostiño. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu a este sesión de clausura, na que participaron todos os alumnos e alumnas das Aulas da Terceira Idade da sede de Santiago.
CIDADE HISTÓRICA
A Comisión Asesora do Casco Histórico autoriza as obras de restauración da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na Comisión Asesora do Casco Histórico, entre os que destacou a autorización das obras de restauración da fachada e das torres do Obradoiro da Catedral de Santiago. Esta obra terá unha duración prevista de 18 meses e un custo de 2,5 millóns de euros. Está previsto que a colocación das estadas comece despois das Festas do Apóstolo.
CULTURA
Marcos Pin Factor E-Reset pecha o ciclo 1906 Jazz na praza da Quintana
O ciclo 1906 de Jazz chega ao seu fin en Santiago de Compostela con Marcos Pin Factor E- Reset, que ofrecerán un concerto con entrada libre para todos os amantes do bo jazz, se o tempo o permite, na praza da Quintana, ás 19:30 horas. Por Compostela pasaron nomes como Joshua Redman Quartet, Ron Carter Trío, Roberto Fonseca, Jorge Pardo, Giulia Valle ou Nani García.
NOMENCLÁTOR
Comeza a colocación de 54 novas placas en rúas da cidade
O Concello procederá a colocar 54 placas en diversas rúas da cidade de recente denominación. A colocación destes distintivos comezará esta mesma semana.
EDUCACIÓN
Programa de conciliación de verán do Concello
Ábriuse un prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación de verán do Concello do 20 ao 26 de xuño. Este programa desenvolverase do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas. Haberá 70 prazas dispoñibles.