TURISMO
O Cersia acolleu a terceira reunión de traballo do grupo de promoción turística dos concellos da Área de Santiago
A concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis, participou na terceira reunión técnica do grupo de traballo para o desenvolvemento e promoción turística conxunta dos concellos da área de influencia directa de Santiago.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberto ata o luns 15 o prazo para a presentación de propostas no I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial
O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convocou o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Grupo de Teatro do Local Sociocultural da Rocha representa "A culpa foi do cha-cha-cha" en Fontiñas
O grupo de teatro do Local Sociocultural da Rocha representa A culpa foi do cha-cha-cha. A cita será o mércores 10 de abril, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
TURISMO
Xerusalén convida a Santiago a participar nun simposium internacional sobre peregrinacións verdes e accesibles
Xerusalén acollerá o I Simposium internacional sobre peregrinacións verdes e accesibles, que se celebrará entre o 21 e o 26 de abril. Neste encontro participarán más de 600 profesionais de múltiples países e diferentes ámbitos, pero todos eles vinculados co desenvolvemento das rutas de peregrinación verde e accesible de todo o mundo.
TURISMO
Un grupo de expertos debate sobre o deseño dun sistema aeroportuario eficaz e eficiente
A concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, inaugurou no Cersia o Foro Aeroportuario de Galicia-Norte de Portugal, actividade organizada polo Clúster de Restauración, Hospedaxe e Turismo de Galicia en colaboración co Concello dentro do programa Santiago Investors Support.
EDUCACIÓN
Recepción a un grupo de escolares alemáns
As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron un grupo de 15 alumnos e alumnas do instituto Grimmelshausen Gymnasium, de Gelnhausen (Alemaña).
CULTURA
Sons’13 trae a Pedro Guerra ao Principal
O cantautor Pedro Guerra trae ao Teatro Principal as cancións dos seus 30 anos na profesión dentro do ciclo Sons’13. Será o domingo 14, ás 20:30 horas. As entradas están á venda a 15 euros (13 euros no anfiteatro).
DEPORTES
Seguen as obras de acondicionamento do ximnasio do Estadio de San Lázaro
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou a obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar no ximnasio do Estadio de San Lázaro. Con esta actuación, o Concello contará cun novo espazo multideportivo para as entidades deportivas da cidade. As obras rematarán nun prazo non superior a un mes.