EMPREGO
A Concellería de Emprego pon en marcha un programa de cualificación profesional
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, presentou un Programa de Cualificación Profesional incluído na iniciativa Urbana Santiago Norte. O seu obxectivo é que os traballadores e traballadoras desta área poidan mellorar a acreditación das súas competencias profesionais e tamén mellorar a súa formación, para incrementar a súa capacidade de inserción no mercado laboral. O programa inclúe un servizo de asesoramento, un calendario de actividades formativas e unha aplicación web.
UMAD
Fútbol e cultura urbana como alternativa socializadora e de lecer para os mozos e mozas de Santiago de Compostela
Retomando as liñas do Plan de Acción Local para Prevención das Drogodependencias, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou tres actividades de lecer e tempo libre, dirixidas a mozas e mozos, que executará a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Estas accións son financiadas nun 70% cunha subvención do Ministerio de Sanidade, procedentes dos bens decomisados por tráfico de drogas e outro delitos relacionados.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación visitou o CEIP Lamas de Abade e reuniuse co seu director
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou o CEIP Lamas de Abade, no Castiñeiriño. Alí reuniuse co seu director, José Miguéns.
CULTURA
O ciclo Infantil & Familiar presenta "O Kikirixote" e "Xan Perillán e a maleta máxica" cos monicreques de Kukas
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou no Teatro Principal dúas novas entregas do ciclo Infantil & Familiar: O Kikirixote. Aventuras e desventuras dun galo de curral e Xan Perillán e a maleta máxica, ambas as dúas coa compañía Monicreques de Kukas. Na rolda estiveron Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rei, fundadores en Santiago da compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia e unha das máis estables do panorama teatral galego, a piques de.../em>
ALCALDÍA
Entrega dos premios do IV Certame "Deseña unha xoia para a túa nai"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez asistiron ao acto de entrega dos premios do IV Certame "Deseña unha xoia para a túa nai". O evento estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.