CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese a inscrición para a viaxe á Castela medieval do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais abre, a partir do martes 30 de abril, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa Imos de excursión 2013. É a denominada "Castela Medieval" e desenvolverase dende o venres 17 ata o domingo 19 de maio.
EDUCACIÓN
A Galería Sargadelos acolle a exposición da Campaña Municipal de Animación á Lectura
Unha bandada de contos é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realiza na Galería Sargadelos, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka. As sesións de contos e música para escolares de Educación Infantil e Primaria realízanse nun espazo especialmente ambientado para recrear a atmosfera estética e literaria de cada obra. Neste "pequeno museo" no que se converteron as paredes da Galería, pódense admirar as ilustracións dos mexicanos...
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dedica o seu ciclo de concertos didácticos aos instrumentos tradicionais
A concelleira de Educación, María Castelao, presentou a programación do terceiro trimestre da Escola Municipal de Música. No calendario inclúense concertos didácticos, a clausura das clases maxistrais, unha xornada de portas abertas ou o festival de fin de curso.
URBANISMO
O Concello inviste 224.000 euros na reparación de beirarrúas no Ensanche
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do inicio do procedemento de contratación para as obras de reparación en varias rúas do Ensanche. O orzamento de licitación é de 224.402 euros e as obras teñen un prazo de execución máximo de dous meses.
BENESTAR SOCIAL
O Fondo Galego de Cooperación celebrou en Santiago a súa Asemblea Xeral
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu na sede da FEGAMP á Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación. O Concello de Santiago é socio desta organización, á que está adherida dende o ano 1999.
ECONOMÍA
O Concello colabora con AJE en dous obradoiros para pemes e emprendedores
O Departamento de Economía do Concello colabora coa nova entidade empresarial da cidade AJE Santiago na organización de dous obradoiros dirixidos a pemes e emprendedores que terán lugar este xoves, 2 de maio.
CULTURA
Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewell no Made in USA do Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock presenta Made in USA, unha cita co rock máis internacional con Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewel. Entradas á venda a 12 euros anticipada, 15 euros na billeteira.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Comeza en Facebook e Twitter o concurso de lemas da campaña "Gústame o galego"
Este luns 29 comezou a recollida de lemas, a través de Twitter e Facebook, da campaña Gústame o galego, incluída no calendario de actividades preparado pola Concellería de Normalización Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas.