OBRAS E BRIGADA
Iníciase o plan de actuacións urxentes nas vías públicas, aberto ás solicitudes cidadás
Os concelleiros de Obras e Infraestruturas, María Pardo, e da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente presentaron o plan de actuacións urxentes para eliminar fochancas e acondicionar as vías públicas e beirarrúas da cidade. Ademais, anunciaron a posta a disposición dos cidadáns de varias vías para a realizar solicitudes nesta materia.
ECONOMÍA
Máis de 200 persoas xa se inscribiron na segunda edición de CONECOM
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou a Segunda Conferencia de Comercio Electrónico de Galicia, CONECOM, que se celebrará o día 24 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións e será de asistencia gratuíta. A edil estivo acompañada do promotor do evento, Xosé Rivera, e do secretario xeral adxunto da Cámara de Comercio, Fernando Barros.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio aproba unha nova convocatoria de axudas ao mantemento de edificios na Cidade Histórica
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás Fernández, presidiu a Comisión Executiva do ente interadministrativo. Na reunión aprobáronse as bases dunha nova convocatoria de axudas ao mantemento de edificios da Cidade Histórica de Santiago.
CULTURA
Loquillo y los Trogloditas e Ocean Colour Scene, próximas citas do Compostela Rock
Loquillo y los Trogloditas presentan o seu novo disco, La nave de los locos, o venres 19 de abril, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia, nunha nova entrega do Compostela Rock. Ao día seguinte, tamén dentro deste ciclo e na Sala Capitol, ás 20:00 horas, actuación de Ocean Colour Scene.
BENESTAR SOCIAL
Os concellos e a Xunta e colaboran na posta en marcha do convenio de desafiuzamentos
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu a unha reunión explicativa sobre o contido e desenvolvemento do convenio que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén de asinar coa Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial para actuar de forma preventiva ante causas de desafiuzamentos.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
BENESTAR SOCIAL
Homenaxe no CABES á ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado
A ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado, recibiu unha homenaxe organizada pola Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela. A este acto, celebrado na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, sumouse a súa sucesora no cargo, María Castelao.