ECONOMÍA
Nace AJE Santiago, un novo referente para os emprendedores da cidade e a súa comarca
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a nova sección da Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Santiago, que terá a súa se no edificio CERSIA. Esta entidade quere ser un referente no fomento da cultura emprendedora na cidade e prestar unha atención máis personalizada aos novos empresarios de Santiago e da súa comarca.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Viaxe de aventura a Asturias dentro do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo a partir do dia 2 de abril, ás 17:00 horas para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada Aventura en Asturias, que se desenvolverá os días 21 e 22 de abril.
ALCALDÍA
Xornada dedicada a Santiago de Compostela nas Festas de Pascua de Padrón
A Corporación compostelá non faltou á súa cita co tradicional Día de Santiago nas Festas de Pascua de Padrón. O alcalde compostelán, Ángel Currás, encabezou a expedición que de desprazou ata a vila veciña.