OFRENDA
A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, delegada rexia na Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo
Por mor do falecemento de dona Gloria Fernández Aenlle, nai do alcalde de Santiago, Ángel Currás, designado inicialmente coma delegado rexio na cerimonia da Translación dos restos do Apóstolo, a Casa Real vén de confirmar que será a primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, a encargada da Ofrenda Nacional. Exercerá coma secretario o terceiro tenente de alcalde, Francisco Noya.
CONSORCIO
Rematada a restauración do retablo da igrexa parroquial de Nemenzo
O Consorcio de Santiago rematou a restauración do retablo da igrexa parroquial de Santa Cristina de Nemenzo, parroquia situada na zona norte do concello compostelán. O tenente de alcalde Francisco Noya; o concelleiro Luis Meijide e a xerente do Consorcio, María Antón, visitaron o templo –onde se celebrou unha misa- para coñecer in situ o resultado dos traballos. Cun orzamento de 19.335 euros, as actuacións comezaron a finais do pasado mes de xullo. A obra realizouna o restaurador Andrés Martínez Rey, xunto coas restauradoras...