TRÁFICO
En marcha unha campaña de control da velocidade en travesías e vías periurbanas
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta da realización, entre o 20 e o 26 de agosto, dunha campaña de control de velocidade nas travesías e vías periurbanas da cidade. Estes controis son realizados pola Dirección Xeral de Tráfico no marco dunha campaña habitual por estas datas, contando coa colaboración da Policía Local.
BENESTAR SOCIAL
Paula Prado loa o traballo de COGAMI no eido das empresas de economía social
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visitou no Polígono do Tambre as instalacións do centro de reciclaxe TRAMEVE, un centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial que ten a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Este complexo dedícase á reciclaxe ecolóxica de pezas de vehículos fóra de uso.
MOBILIDADE
Santiago acolle o encontro "A mobilidade en tempos de crise" do 12 ao 14 de setembro
O Museo do Pobo Galego acollerá do 12 ao 14 de setembro o encontro A mobilidade en tempos de crise, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) coa colaboración do Concello de Santiago. O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou a apertura do prazo de matrícula para estas xornadas.