ALCALDÍA
Concello e Cámara de Comercio queren coñecer os plans de AENA para a vella terminal de Lavacolla
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. No encontro falaron sobre diversos temas que afectan á cidade en materia de turismo, urbanismo ou infraestruturas.
ALCALDÍA
A Fundación Eugenio Granell celebra o centenario do artista con exposicións en cinco institucións culturais de Santiago
A Fundación Eugenio Granell celebra este ano 2012 o centenario do nacemento de Eugenio Fernández Granell. O artista xamais esqueceu Santiago de Compostela, cidade na que pasou a súa infancia e xuventude, por iso, este evento celebrarase amosando a súa obra e tamén o importante e rico legado que forma os fondos da Fundación, en diferentes sedes culturais da cidade.
DEPORTES
Santiago acolle os I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia
Os I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia traerán uns 170 participantes ás instalacións de atletismo da Universidade de Santiago. Grazas a esta iniciativa, viviranse catro xornadas (14, 15, 16 e 17 de xuño) marcadas pola convivencia, o esforzo recompensado e a integración.
CULTURA
"Tango", de Sarabela Teatro, e "O retrato de Dorian Grey", de Teatro Arte Livre, pechan a programación de Teatro&Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as dúas últimas obras do programa Teatro&Danza antes do verán. Fíxoo acompañado de Fina Calleja e Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, e de Roberto Cordovanie e Bruno Portela, da Compañía Internacional de Teatro Arte Livre. Os primeiros presentaron Tango, que poderemos ver os días 15 e 16 deste mes e, os segundos, O retrato de Dorian Grey, que estará os días 19 e 20.
EDUCACIÓN
O Concello aforrará 17.000 euros anuais co traslado de Educación ao edificio CERSIA
O Concellería de Educación deixa a súa sede da rúa do Vilar e trasládase ao edificio CERSIA, en San Lázaro. Este cambio supón para o Concello un aforro anual de 17.000 euros, ao deixar un inmoble en aluguer para ocupar unhas dependencias de titularidade municipal. Ademais, o Departamento trasládase a unhas instalacións máis amplas e mellor equipadas.
EDUCACIÓN
Amplíase o prazo de solicitude de participación na Escola de Verán de Inglés
A Escola Municipal de Verán de Inglés 2012, English Summer School, organizada pola Concellería de Educación, amplía o prazo de inscrición no o programa. Todas aquelas familias que fixeron a solicitude correspondente nos prazos fixados e que cumpriron os requisitos da convocatoria teñen xa adxudicada a praza.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi a baloncestista compostelá Arantxa Mallou
O alcalde, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron en Raxoi a baloncestista compostelá Arantxa Mallou.
ECONOMÍA
Entrega dos premios Emprendedor XXI
O conselleiro de Economía, Javier Guerra, presidiu a entrega dos premios Emprendedor XXI, organizados por La Caixa e o IGAPE. O acto tivo lugar no edificio municipal CERSIA, onde a concelleira de Economía, Reyes Leis, exerceu de anfitrioa. No acto tamén estiveron presentes o delegado xeral en Galicia de La Caixa, Maro Arthur; o delegado xeral do IGAPE, Javier Aguilera; e o representante de Nisa, Cormao Legget.