MOBILIDADE
Tráfico activa o operativo preventivo de inverno ante xeadas e nevadas
O luns 22 de outubro porase en marcha o operativo de tráfico de inverno para facer fronte a situacións de xeadas ou nevadas nas estradas, rúas e beirarrúas da cidade. Tal como acontecera na anterior temporada de inverno, establécense tres niveis de alerta segundo o nivel habitual de afectación destas inclemencias meteorolóxica.
ALCALDÍA
O Concello avanza na tramitación da solicitude da declaración de Vite como ARI
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Asociación de Veciños de Vite. Na reunión tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e de Barrios, Juan de la Fuente.
FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Festas súmase á celebración do 50 aniversario da S.D. Compostela
A Concellería de Festas e Centros Socioculturais colaborar coa celebración do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Así, o arco luminoso feito no seu día a propósito deste aniversario lucirá na entrada principal do estadio de San Lázaro. Ademais, os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche acollerán unha exposición relativa á celebración.
XUNTA DE GOBERNO
O novo Regulamento de Venda Ambulante permitirá a venda de produtos frescos no mercado de Salgueiriños
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto de Regulamento de Venda Ambulante. Ademais, deuse o visto bo a unha modificación da Ordenanza reguladora da publicidade e rotulación e a obras en Pelamios e en Viso.
MOBILIDADE
Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento para os veciños de Ultreia
O Departamento de Tráfico informa que dende este luns, 22 de outubro, os veciños da zona 5 "Ultreia" que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior.
TURISMO
Os personaxes da saga "Star Wars" volverán tomar as rúas de Compostela en 2013
Centos de afeccionados á saga Star Wars encherán unha vez máis as rúas de Santiago de Compostela caracterizados e disfrazados dos seus personaxes favoritos. Será no desfile que constitúe o acto central de Imperial Stormtroopers II, unha festa coa que a Tropa Korriban - Star Wars Galicia quere celebrar o trixésimo aniversario da estrea dunha das películas principais da saga, O retorno do Jedi. A Concellería de Turismo colabora con esta iniciativa.