XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local adxudica o servizo de recollida de animais abandonados
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato do Servizo de intervención e recollida de animais abandonados, perdidos domésticos ou salvaxes á empresa Servicios Gallegos de Lacería. O servizo terá un custo de 36.989 euros anuais, IVE aparte de 7.767,69 euros.
IGUALDADE
Marta Lois fai balance da campaña "Compostela en Negro", á que se sumaron máis de 500 locais
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo fixo hoxe balance da campaña de sensibilización Compostela en Negro, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polos representantes de dúas das entidades que máis se implicaron no seu desenvolvemento: José Luis Fernández, director de comunicación de Gadisa, e Jesús Chenel, presidente da Asociación de Empresarios do Tambre. Marta Lois quixo lembrar tamén a participación de Finsa e da Indicación Xeográfica...
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Un proxecto para a depuración de augas residuais gaña o Concurso municipal de ideas innovadoras para o emprego
Máis de oitenta persoas confirmaron xa a súa participación no primeiro Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na adversidade, que se celebrará o 15 de decembro co obxectivo principal de estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible.
MOCIDADE
O grupo compostelán Ivy Moon representará a España no Imagine Festival de Zagreb (Croacia)
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, e os integrantes de Ivy Moon (Elba, Pablo, Inés e Alberto) anunciaron esta mañá que o grupo compostelán representará a España no Imagine Festival de Croacia o 11 de decembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
A memoria da I Xornada sobre as persoas sen fogar aposta polas políticas sociais activas na atención ás persoas sen teito
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a memoria da I xornada sobre a situación das persoas sen fogar, celebrada en Compostela o pasado 27 de outubro.
NADAL
A Maxia do Nadal convida a nenas e nenos a iren preparando as súas cartas
Os concellos de Santiago, Ames e Teo colaboran por segundo ano na campaña, que desta vez leva por lema "Conto, canto o Nadal".
NADAL
Arranca Divernadal, un espazo de xogos no que as e os máis novos son os protagonistas
O Pazo de Congresos acolle dende mañá día 8 e ata o 11 de decembro o Divernadal, un lugar de encontro para as familias onde os e as máis peques da casa son os grandes protagonistas. Pretende ofertar un espazo lúdico educativo con todo o encanto do Nadal, facendo fincapé na experimentación a través dos sentidos.
ACCIÓN CULTURAL
Chévere presenta "Eroski Paraíso" no Teatro Principal
O Grupo Chévere presenta Eroski Paraíso, a súa primeira produción tras recibir o Premio Nacional de Teatro, esta semana no Teatro Principal. Serán catro funcións, de xoves a domingo, todas ás 20:30 horas.
MEDIO AMBIENTE
Novos obradoiros no CIAC sobre consumo responsable e cultivos ecolóxicos
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado no parque de Belvís, continuará este mes de decembro traballando en torno ao consumo responsable, co obxectivo de cambiar hábitos e mellorar o mundo que nos rodea. Haberá un obradoiro de cultivo sustentable e outro de xoguetes con refugallos, ademais dunhas xornadas sobre sistemas agroecolóxicos.
NADAL 2016
A programación de Nadal incorpora actividades para a mocidade e aposta pola conciliación familiar
O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a programación do Nadal, na que participan a practica totalidade dos departamentos municipais e que este ano leva por lema "Conto, canto o Nadal". O edil explicou que o groso das propostas arrancarán a mediados deste mes, "coincidindo coas vacacións escolares e combinando actividades tradicionais xa consolidadas con propostas máis novidosas e dirixidas a novos públicos como o xuvenil".