POLÍTICAS SOCIAIS
En marcha unha campaña de sensibilización sobre as persoas migrantes e refuxiadas
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou xunto con Lorena Seijo, da Asemblea de Cooperación pola Paz, unha campaña que se porá en marcha nos meses de novembro e decembro para sensibilizar sobre as persoas refuxiadas e migrantes. O obxectivo pasa por utilizar a riqueza e a diversidade cultural dunha forma construtiva, reforzando as imaxes positivas; previr o discurso do odio; garantir o coñecemento por parte da poboación galega sobre os fenómenos migratorios desde un enfoque de dereitos humanos.
MOCIDADE E BENESTAR ANIMAL
Convocado o I Certame de Creación "Un animal non é un xoguete"
Regalar unha mascota por Nadal non sempre é unha boa idea. Baixo esa premisa, a Concellaría de Mocidade e Benestar Animal vai poñer en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía sexa responsable á hora de facer os seus agasallos. O primeiro paso é a convocatoria do I Certame de Creación "Un animal non é un xoguete", que servirá para elixir o cartel que ilustrará a posterior campaña.
LINGUA
O alcalde reivindica o papel histórico de Compostela na normalización do galego
O alcalde inaugurou esta mañá o Encontro de Política Lingüística Municipal, que organiza a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua no Auditorio de Galicia. Na súa intervención, Martiño Noriega reivindicou o papel de Compostela como capital da lingua, "o noso máis prezado ben colectivo, aquilo que nos une como galegas e galegos".
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana
Unha vez recibidas as correspondentes licencias por parte do Concello e dos servizos de protección do Patrimonio da Xunta de Galicia, o Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana. O templo está integrado no conxunto do convento de San Francisco, declarado Ben de Interese Cultural en 1896. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 7 de decembro.
ACCIÓN CULTURAL
"Mustang", "John From" e "Il Racconto dei Racconti", as estreas do martes en Cineuropa
No pasado festival de Cannes, a cineasta Dennis Ganze Ergüven conquistou o público con Mustang, cine denuncia de potente mensaxe de emancipación feminina. O filme foi Espiga de Prata na pasada Seminci, mellor película en Sarajevo, premio do público en Sevilla e candidata, xunto a Mediterranea e The Lesson (Urok) ao Premio LUX que outorga o Parlamento europeo. Afora o filme chega a Cineuropa, cunha primeira exhibición este martes 17, ás 20:00 horas, no Teatro Principal. Logo da proxección abrirase un debate sobre.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Estrea en Cineuropa da premiada "Taxi Teherán", un canto á liberdade
Na xornada do luns, o festival Cineuropa contará coa estrea da premiada Taxi Teherán, de Jafar Panahi. A programación tamén inclúe as estreas das tamén comprometidas La loi du marché, de Stéphane Brizé, e Um dia normal, de Barbara Reis.
CONCENTRACIÓN
Concentración no Obradoiro de condena polos atentados terroristas de París
A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de condena polos atentados terroristas da pasada noite en París, que lle custaron a vida a máis de 120 persoas. O alcalde compostelán, varios concelleiros da Corporación municipal, membros do Goberno da Xunta, representantes de distintas formacións políticas e o reitor da Universidade de Santiago gardaron uns minutos de silencio en memoria das vítimas, portando uns carteis nos que se podía ler o lema oficial da República Francesa: Liberté,...
ACCIÓN CULTURAL
"A Uma Hora Incerta", "The Duke of Burgundy" e "Body", tres estreas para este domingo no festival Cineuropa
Cita este domingo en Cineuropa con A Uma Hora Incerta, segunda longametraxe como director do guionista Carlos Saboga, autor dos libretos de Misterios de Lisboa ou Líneas de Wellington, ámbolos dous filmes de Raúl Ruiz. Será ás 16:00 h no Salón Teatro.
MOCIDADE
Ábrese o prazo para votar de forma telemática as 50 propostas do proceso piloto de orzamentos participativos
O venres á tarde, o CSC de As Fontiñas acolleu unha multitudinaria asemblea onde os participantes fixeron a súa votación respecto aos orzamentos participativos de Mocidade. Comeza agora a última fase do proceso piloto destes orzamentos coa votación mediante internet das 50 propostas xurdidas tras os talleres e a presentación online de actividades.
ALCALDÍA
O Concello mantén o seu compromiso coa Asociación de Municipios do Camiño
O Concello de Santiago mantén o seu pleno compromiso coa Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, constituída en Burgos o pasado 10 de novembro. Malia non asistir ao acto de presentación da mesma por coincidir coa data inicialmente prevista para o Pleno ordinario de novembro (solicitado para esa data polo PP e finalmente celebrado o 9 a petición do PSOE e rematado ás 18:00 horas) Santiago de Compostela, como unha das cidades promotoras desta Asociación, seguirá participando na mesma e nas súas actividades.