ALCALDÍA
Minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos incendios forestais
O Concello de Santiago sumouse ao minuto de silencio convocado en solidariedade coas vítimas dos incendios que está a sufrir Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto para a conexión dos centros de Educación Infantil e Primaria de Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto básico e de execución do itinerario peonil seguro para a interconexión dos dous edificios que compoñen o CEIP de Fontiñas. As obras terán un orzamento base de licitación dalgo máis de 165.000 euros, IVE incluído. O alcalde, Martiño Noriega, mostrou a súa satisfacción por iniciar esta actuación, que "é unha vella demanda da comunidade educativa de Fontiñas".
COMERCIO
Aberto ata o 2 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 2 de decembro ata o 6 de xaneiro na rúa Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 19:00 horas do día 2 de novembro.
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga acolle as "Aulas de empoderamento feminista"
A concelleira de Deporte, Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, presentou esta mañá unha nova actividade para a xente moza enmarcada nos orzamentos participativos do pasado ano. Na rolda estivo acompañada das encargadas da formación, Mai Insua e Cristy Tojo , do club deportivo Avalon Kai, organizador da actividade.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Santiago participará no Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local"
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presentou este venres o congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local", que terá lugar os días 16 e 17 de novembro en Madrid e no que o Concello de Santiago participa na mesa "Aplicación dos novos modelos económicos ao ámbito local". O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e...
ACCIÓN CULTURAL
Os cabezudos e as estreas das compañías Títeres Cachirulo e Fantoches Baj abren o Festival Galicreques
O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, abre este sábado unha 22ª edición caracterizada por unha ampla programación con máis de 40 funcións e que contará cun marcado carácter internacional, ao traer a Compostela un total de 26 compañías procedentes de Arxentina, Chile, Francia ou Portugal, ademais de...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música ofreceu un concerto para a veciñanza de Compostela na finca de Vista Alegre
A Finca de Vista Alegre acolleu este mércores un concerto para a veciñanza organizado pola Escola Municipal de Música. Foi unha boa oportunidade para que a cidadanía compostelá se achegara a coñecer o resultado do traballo das diferentes agrupacións da Escola na súa nova ubicación.
POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción en Raxoi a un grupo de peregrinas afectadas pola doenza de Huntington
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiu esta tarde catro peregrinas canadenses afectadas pola doenza de Huntington. Xunto a ela estivo Ruth Blanco, presidenta da Asociación Corea de Huntington Española.
ACCIÓN CULTURAL
Amal 2017 ofrecerá a estrea en España de dous documentais e un filme de ficción
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou este mércores na presentación da décimo quinta edición da Semana de Cine Euroárabe, Amal 2017, que se celebrará do 23 ao 27 de outubro no Teatro Principal. No acto participaron tamén o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director do Festival, Ghaleb Jaber Martínez, e o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
PLENO
Aprobada a conta xeral do exercicio 2016
O Pleno vén de dar luz verde á conta xeral do exercicio do 2016, cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención do resto de grupos.