TURISMO
SantYaGo10K reserva 50 dorsais para peregrinos e peregrinas que cheguen nos días previos á carreira
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e o presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey, presentaron a segunda edición da SantYaGo Peregrina, que permitirá reservar 50 dorsais para que os peregrinos e peregrinas que cheguen a Santiago nos días previos ou no mesmo día da carreira teñan a oportunidade de participar na mesma. Poderán realizar a súa inscrición no posto que habilitará a organización na praza do Obradoiro o día da proba, o vindeiro 28 de abril.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago celebrará o 14 de abril cun roteiro histórico pola Compostela republicana
Compostela acollerá o vindeiro sábado 14 de abril (data na que se cumpren 87 anos da proclamación da Segunda República) unha visita guiada polos lugares máis sinalados do Santiago republicano. O evento está organizado polo Concello, en colaboración co grupo Hispona da USC, e foi presentado pola concelleira María Rozas. Na rolda tamén estivo o profesor e historiador Alfonso Iglesias.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Blanes (Girona).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música chega por oitavo ano ás escolas infantís
Segue en marcha a oitava edición do ciclo de sesións didácticas que a Escola Municipal de Música de Santiago vén realizando nos centros educativos da cidade. Este martes, a proposta chegou ás escolas infantís de Compostela. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu a unha destas sesións na Escola Municipal das Fontiñas.
LINGUA
O 15 de abril remata o prazo para participar na II edición do certame Enreguéifate
A II edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate entra na súa recta final. O 15 de abril remata o prazo para participar nas dúas categorías convocadas: xeral e escolar. Os vídeos regueifando pódense facer chegar a través da web www.enregueifate.gal.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Entregados os galardóns do X Premio Educacompostela
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta tarde a entrega de galardóns do X Premio Educacompostela, convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
ACCIÓN CULTURAL
Presumido e BFlecha pechan este venres no Principal a segunda edición do Compostela Conversa
Dúas das propostas de electrónica máis interesantes do panorama actual galego protagonizarán a próxima sesión do Compostela Conversa. O venres 13 de abril, ás 20:30 horas, o Teatro Principal acollerá o concerto dobre de Presumido, unha das bandas revelación do 2017, e BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do synth, o R&B, o pop e o trap.
ALCALDÍA E CONVIVENCIA
Preto de mil nenos e nenas pasarán no mes de abril polo Parque Infantil de Tráfico instalado en Amio
Preto de mil escolares pasarán ao longo do mes de abril polo Parque Infantil de Tráfico instalado no recinto feiral de Amio. O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron hoxe a actividade, que estrea equipamento de propiedade municipal.
LINGUA
Santiago, concello con máis participantes na edición 2018 do premios Youtubeir@s, que xa ten finalistas
O venres 6 de abril reuniuse o xurado da segunda edición dos premios Youtubeir@s, integrado por Adrián Dios, Anxos Sobriño, Estela Romasanta, Iván Capón e Laura Cruxeiras. O xurado tivo que valorar as 229 inscricións desta edición e desa reunión saíron os/as 26 youtubeir@s finalistas do 2018.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado de intercambio dos institutos Orsoline (Italia) e Xelmírez I
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu o alumnado do Instituto Orsoline San Carlo, de Como (Italia), e do compostelán IES Arcebispo Xelmírez I.