FESTAS
A Praza Roxa contará neste Nadal cunha pista de patinaxe sobre xeo e cun abeto de dez metros con máis de 5.000 puntos de luz
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa de actividades para o Nadal na Praza Roxa e no resto do Ensanche, que organiza conxuntamente coa Fundación Santiago Centro Área Comercial. Na presentación estivo acompañado polo presidente da asociación, José Mª Fernández.
ALCALDÍA
Conferencia de Sánchez Bugallo no 50 aniversario da sede compostelá do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, impartiu unha conferencia na sede en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais, con motivo do 50 aniversario da entidade.
CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello implanta un novo sistema de xestión de accidentes e atestados para reducir a sinistralidade viaria urbana
O Concello de Santiago vén de iniciar un cobizoso proxecto que ten por obxectivo reducir a accidentalidade viaria urbana. A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, presentou as principais liñas deste traballo que pasan pola incorporación dunha nova ferramenta informática que reducirá a carga administrativa e mellorará a análise das causas dos accidentes, e pola incorporación á paxina web municipal da figura do e-atestado.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os proxectos de reparcelación de Formarís e Costa Vella
A Xunta de Goberno aprobou definitivamente os proxectos de reparcelación dos solos industriais SUNP-37.3 de Costa Vella e SUNP-38 de Formarís, ademais do proxecto de expropiación do viario de acceso aos mesmos e a FINSA dende a estrada N-550.
PLENO
O debate sobre o estado do Concello poderá seguirse a través desta web
Mañá mércores, 15 de decembro, ás 10:00 horas, terá lugar o debate sobre o estado do Concello. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través desta web. Accederase á imaxe e son deste Pleno grazas a un enlace visible na portada da páxina.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberta a inscrición para o "Nadal en galego"
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Nadal en galego, unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística para incentivar o consumo responsable e a reciclaxe.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá organiza unha nova visita á Cidade da Cultura
Consciente de que o mellor xeito de por en valor a Cidade da Cultura é dala a coñecer, a Concellería de Participación Cidadá, como espazo de lecer e participación, está a organizar visitas guiadas a este complexo. A seguinte será o sábado 18 de decembro, ás 12:00 horas.
COMERCIO
A Concellería de Promoción Económica impulsa unha nova campaña de promoción e defensa do pequeno comercio
A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove una nova campaña publicitaria para apoiar e defender o pequeno comercio coa mensaxe "Pequenos detalles que fan grande o pequeno comercio".
CULTURA
Galitoon chega ao Teatro Principal con "Basilio, o meu amigo imaxinario"
A compañía de monicreques Galitoon chega ao Teatro Principal co seu espectáculo para toda a familia Basilio, o meu amigo imaxinario os días 22 e 30 de decembro. Trátase dunha montaxe de gran formato na que se mesturan marionetas con personaxes de carne e óso que van vivir intensas aventuras. Haberá dobre sesión cada día: ás 17:30 e ás 19:30 horas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A metade dos turistas que chegan en liñas de baixo custo a Santiago de Compostela visita outros lugares de Galicia
O 57% dos turistas que chegan en liñas de baixo custo son estranxeiros, fronte ao 47% no caso de liñas tradicionais. Son datos do Informe comparativo de usuarios de liñas de baixo custo e resto de turistas, elaborado polo Centro de Estudos Turísticos (Cetur) da Universidade de Santiago.