BENESTAR SOCIAL
Os nenos do CEIP de Vite prepararon o Entroido cos avós nun taller interxeracional
O CEIP de Vite acolleu o desfile de disfraces e a entrega de premios ás mellores máscaras realizadas no obradoiro Preparando o Entroido cos avós e coas avoas, actividade interxeracional organizada polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte xunto coa dirección e profesores do centro. O concelleiro Albino Vázquez asistiu ao evento.
CULTURA
Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e os membros da compañía Voadora José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres presentaron en rolda de prensa Waltz, obra que se estreará dentro do ciclo Teatro & Danza o xoves 14 de febreiro na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a...
ALCALDÍA
O Eixo Atlántico aproba un orzamento de 3,6 millóns de euros para o exercicio 2013
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que aprobou un orzamento de máis de 3,6 millóns de euros para 2013. Tras a reunión, celebrada no Concello da Coruña, o Eixo entregou as súas Medallas de Ouro nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
VÍAS E OBRAS
Retirados os entullos e liberado o acceso ao garaxe na rúa de Betanzos
A Brigada de Vías e Obras rematou as tarefas de desentullo na rúa de Betanzos, onde na mañá do sábado 19 de xaneiro se producía o desprendemento dun talude e o enterramento dun vehículo estacionado na devandita rúa. Este coche xa foi retirado e quedou liberado o acceso ao garaxe.
DEPORTES
Adrián Varela analizou as necesidades e deficiencias das instalacións deportivas dos centros educativos da cidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e técnicos do seu Departamento visitaron varios pavillóns deportivos de centros escolares da cidade e reuníronse cos directores dos mesmos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de inscrición para a viaxe ao Deza, a primeira de "Imos de excursión"
A primeira das viaxes do programa municipal Imos de excursión, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, celebrarase o domingo 24 de febreiro, con destino á Comarca do Deza. Xa está aberto o prazo para inscribirse nesta excursión.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística imparte cursos preparatorios para os niveis CELGA 1,2, 3 e 4
A Concellería de Normalización Lingüística abre un prazo de preinscrición para persoas interesadas en asistir aos cursos de lingua galega preparatorios para os niveis CELGA 1, 2, 3 e 4, que se iniciarán no edificio administrativo Cersia (San Lázaro) o 11 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ao 15 de febreiro, e os interesados deben formalizar a mesma no Rexistro Xeral do Concello.
CULTURA
"Ñam!" e "Fantasía animada", teatro e música para nenos na fin de semana
Esta fin de semana vén cargada de programación que ofrece o Departamento de Cultura para adultos como para os máis pequenos. O sábado 9, Caramuxo Teatro representa na Zona C Ñam! en dúas funcións: 17:30 e 19:00 h; e ás 21:00 h no Teatro Principal teremos un novo pase de Luminosa nostalgia, de Sudhum Teatro. O domingo, ás 12;30 h, temos unha cita coa Banda Municipal de Música, que ofrece un concerto especial de Entroido, Fantasía animada. Pecha a programación da fin de semana a.../em>
ALCALDÍA
Santiago e Oroso estudarán a viabilidade de retomar o proxecto da Vía Verde
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o rexedor de Oroso, Manuel Mirás, co que falou dalgúns proxectos compartidos entre os dous municipios limítrofes. En particular, existe interese de ambas partes en retomar o proxecto da Vía Verde que uniría Santiago e Ordes aproveitando o antigo trazado ferroviario.
XUNTA DE GOBERNO
Cambio na prestación do servizo de transporte urbano entre o Polígono do Tambre e a cidade
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a subscrición do contrato de servizo de transporte urbano de viaxeiros ao Polígono do Tambre. Tamén se iniciou o procedemento para contratar unha empresa externa que xestionará o cobro das infraccións en materia de disciplina urbanística.