ECONOMÍA
O Concello colabora con AJE Santiago no programa #Lanzateaemprender para a creación de novas empresas
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a coordinadora de AJE Santiago, Ana Rey, presentaron o programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que Womex converte a Santiago nunha monumental plataforma para a música de Galicia e doutros pobos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Auditorio de Galicia na gala de inauguración de Womex 2014, a exposición de músicas do mundo que se celebra na cidade do 22 ao 26 de outubro. Grazas a este evento, a cidade recibirá máis de 2.600 delegados internacionais e será escenario, en diversos espazos, de concertos, proxeccións de cine, conferencias e encontros durante tres xornadas.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente as ordenanzas fiscais para 2015, que establecen unha rebaixa xeral de impostos para os composteláns
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente, cos votos favorables de PP e PSdeG-PSOE e a abstención do BNG a modificación das ordenanzas fiscais para 2015. Acométese deste xeito unha rebaixa xeneralizada de impostos aos cidadáns de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que os orzamentos da Xunta recollen "os proxectos necesarios, comprometidos e urxentes da cidade"
Un día despois de coñecerse os orzamentos da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago analizou as consignacións para a cidade. Agustín Hernández declarouse "satisfeito" polas cantidades dedicadas, salientando que se trata duns orzamentos "realistas" que reflicten "os proxectos necesarios, comprometidos e urxentes da nosa cidade".
TURISMO
Santiago acollerá en setembro de 2015 o XVIII Congreso Nacional de Psiquiatría
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o XVIII Congreso Nacional de Psiquiatría, que se celebrará do 24 ao 26 de setembro no Palacio de Congresos de Galicia. Esta será a segunda ocasión na que Santiago acollerá este evento. Na primeira ocasión, en 2007, o Congreso reuniu máis de 2.400 especialistas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan en outubro e novembro as actividades de "Vive, vivencias, vivamos"
Xa están preparados os novos contidos do programa de achegamento á historia e á antropoloxía da cidade Vive, vivencias, vivamos, que arrancara no mes de abril e que ata agora xa incluíu dez visitas culturais diversas nas que participaron 387 persoas. As actividades desta iniciativa da Rede de Centros Socioculturais continuarán en outubro e decembro.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 15 prazas para que rapaces de 5 a 14 anos realicen un curso de corda no centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela, celebra cada ano un curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, viola, violoncello e contrabaixo. Esta nova edición comezará en novembro de 2014 e prolongarase ata o mes de maio de 2015.
XUVENTUDE
Xuventude convoca novas edicións dos certames "Foto con sentimento" e "Imaxinart"
O Departamento de Xuventude pon en marcha as segundas edicións do Certame de Fotografía co Móbil Foto con sentimento, e do Certame de Creación ImaxinART, de creación gráfica. A primeira convocatoria ten un premio valorado en 275 euros para a mellor serie fotográfica, mentres que o concurso gráfico outorgará a mesma cantidade a cada unha das súas tres distincións. A concelleira de Xuventude, María Corral, e o técnico municipal Manuel Fernández presentaron ambos certames.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Imos de excursión" programa unha viaxe a Ourense para gozar do San Martiño
O programa Imos de excursión 2014, do Departamento de Centros Socioculturais, ofrece unha nova viaxe o martes 11 de novembro, desta vez para gozar do San Martiño e dun tradicional magosto na cidade de Ourense, prevista no marco do programa Imos de excursión dos centros socioculturais.
CULTURA
Leticia Moreno e Bertrand Chamayou intepretan tres sonatas para violín e piano nas Xornadas de Música Contemporánea
A rica oferta de cámara das Xornadas de Música Contemporánea ofrece este martes unha das citas máis destacadas: o concerto do dúo de novos talentos formado pola madrileña Leticia Moreno e o francés Bertrand Chamayou, que inclúen no programa a estrea dunha nova obra para violín e piano de Oliver Rappoport. Será ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).