CULTURA
María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús presentan en Santiago "Insolación", de Emilia Pardo Bazán
María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús estarán este xoves en Compostela con Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Dirixidos por Luis Luque chegan da man da Compañía Miguel Narros e Producciones Faraute. Poderemos velos a partir das 20:30 horas no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 22 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 e en entradas.abanca.com..../em>
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de inscrición para as saídas ao parque acuático de Cerceda do programa municipal Vive o Verán 2015
Dende as 17:00 horas deste martes 16 de xuño estará aberto o prazo de inscrición nas saídas ao parque acuático de Cerceda, organizadas para nenos e nenas de 7 a 14 anos no marco do programa Vive o verán 2015. As excursións serán os días 9 e 16 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 72.026 euros
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar o servizo de reparación, mantemento e conservación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para este ano, por un importe de 72.026,24 euros. A empresa Construcciones La Rosaleda comezará os traballos de xeito inmediato.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listaxes de admitidos no sorteo de prazas das Mañás de Verán nos CSC de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta
O pasado 11 de xuño rematou o prazo para preinscribirse nas actividades matinais previstas para o mes de xullo nos centros socioculturais no marco da iniciativa "Mañás de verán e de xogo", integradas no programa Vive o Verán 2015. Ao ter recibidas máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 18 de xuño para adxudicar as prazas definitivas dos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e Santa Marta.
CULTURA
Leiva celebrará este venres en Santiago a entrega de dous discos de ouro polos seus últimos traballos en solitario
Leiva preséntase en Santiago tras máis de cen concertos celebrados presentando o seu disco Pólvora, unha xira con case a metade dos concertos colgando o cartel de entradas esgotadas. Santiago de Compostela foi unha das cidades que Leiva quixo pisar para despedirse dos escenarios temporalmente e o concerto deste próximo 19 de xuño servirá para estreitar máis aínda os lazos afectivos que se crearon entre Leiva e a capital galega. Trátase dunha cita imprescindible dentro do ciclo Compostela Rock.
EDUCACIÓN
Publicada a listaxe de admitidos e excluídos no Programa de Conciliación para o Verán
Finalizado o prazo para a solicitude de participación no Programa de Conciliación Laboral e Familiar para o Verán 2015, organizado polo Departamento de Educación, faise pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as. Todas as prazas foron cubertas.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a "transversalidade" das novas áreas de goberno e a "solvencia profesional" dos seus nove responsables
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa o reparto de áreas do novo Goberno local, acompañado polos outros nove integrantes do mesmo. A distribución de competencias, dixo, responde a unha filosofía de "cooperación e transversalidade" e a unha vocación de propiciar a participación dunha "cidadanía activa" na toma de decisións.
ALCALDÍA
Martiño Noriega quere recuperar "o perfil, o latexo e o prestixio" da cidade
Martiño Noriega tomou posesión como novo alcalde de Santiago de Santiago de Compostela. Na súa intervención tras recibir o bastón de mando e prometer o seu cargo, solicitou á Corporación que sexa capaz de apostar polo "común denominador" en beneficio da cidade. Así, demandou que, máis alá das dinámicas partidarias e "dende o diálogo, a diferencia e a pluralidade", a cidade poida "recuperar o seu perfil, o seu latexo, o seu prestixio, e exercer como capital dun país que se...
FACENDA
A rebaixa no tipo impositivo do IBI suporá neste 2015 un aforro medio de 60 euros no recibo dos contribuíntes composteláns
O concelleiro de Facenda en funcións, Ramón Quiroga, ofreceu os últimos datos dispoñibles da campaña de cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que afectará a 45.000 contribuíntes e na que se tramitarán 90.000 recibos. A rebaixa do tipo impositivo ata o 0,54% suporá un aforro medio de 60 euros nos seus recibos para os contribuíntes composteláns.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local disporá dunha nova web de servizo público con información sobre mobilidade en tempo real
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade en funcións, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou a nova web da Policía Local, que entrará en funcionamento en vindeiros días. Acompañado polo inspector Francisco García e pola oficial Diana Parente, detallou as características dunha web que incorporará diversa información de servizo público e sobre a mobilidade na cidade.