POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina novos convenios sociais e avanza no Plan de Atención a Persoas sen Fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou dous novos convenios de colaboración con entidades sociais que ascenden a 135.000 euros. En total lévanse asinado acordos por un importe próximo ao medio millón de euros. Na sinatura estiveron presentes María de las Mercedes Casanova e José Ramón Girón, como representantes de Cruz Vermella e FEAFES, respectivamente.
ALCALDÍA
O alcalde recibe a axentes programadores asistentes ao Focus Galician Tunes
O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi os programadores internacionais que asistiron ao Focus Galician Tunes, a antesala do Womex, que arranca esta noite. No acto tamén participou o director de Aadic, Jacobo Sutil.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Concello e Xunta analizan as necesidades dos colexios en materia de obras
Como noutras ocasións, co inicio do curso escolar, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, e o Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, acompañados de técnicos dos dous servizos, xuntáronse para realizar un seguimento do plan de obras que ao longo dos meses de verán e neste primeiro trimestre se está a desenvolver na rede de centros de ensino infantil e primaria e de secundaria de Santiago.
TURISMO
Compostela debuta na ITB Asia de Singapur
Entre o 19 e o 21 de outubro, Santiago de Compostela participará por primeira vez en Singapur na ITB Asia, a maior feira asiática de turismo de Asia e o Pacífico.
SAÚDE
O Concello súmase á celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúdes, Concha Fernández, presentou coa presidenta e o vicepresidente da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Luz Hernández e Antonio Guerrero, respectivamente, as actividades que desenvolverán ambas institucións con motivo do Día Mundial contra o Cancro.
FACENDA
Última asemblea de decisión de investimentos, da área de Cidade, este mércores no CSCXM do Ensanche
Os Orzamentos Participativos de Santiago de Compostela atópanse na recta final da súa fase decisiva. A plataforma Compostela Decide permitirá votar aos composteláns e compostelás e ás persoas que acrediten estar estudando na cidade ata o próximo martes 25 de outubro. Son xa 900 as persoas que se rexistraron e están a participar priorizando as propostas que máis interesantes lles parecen nas áreas Sueste, Nordeste, Cidade e Mocidade.
ACCIÓN CULTURAL
aCentral Folque comeza curso con máis de 20 docentes e novidades
A Escola de Música Popular e Avanzada aCentral Folque, da asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque, presentou esta mañá en rolda de prensa o seu novo curso académico 2016/17. O Concello colabora coa escola a través dun convenio nominativo e da cesión do Auditorio de Galicia e dos centros socioculturais do Castiñeiriño e da Trisca para as aulas.
ALCALDÍA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Santiago acolle a Asemblea Xeral de Redel
O alcalde participou hoxe na primeira xornada da Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, que se celebra na Cidade da Cultura hoxe e mañá. Martiño Noriega deulles a benvida a Compostela aos participantes no encontro, que van analizar posibilidades de colaboración en materias como o emprendemento social ou cultural. Nesa liña, o rexedor convidounos a coñecer iniciativas de carácter municipal como o espazo autoxestionado do Matadoiro Compostela, e a visitar o Womex, que se celebrará nestes días na capital...
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa 2016 celebrarase do 8 ao 27 de novembro
Este ano Cineuropa, o festival internacional de cine non competitivo de Compostela, cumpre 30 anos. Foi un 24 de outubro de 1987 cando iniciaba, cunha programación de tan só 20 películas, a súa traxectoria como festival, sen imaxinar nin de lonxe o imprescindible que chegaría a converterse para a cidade de Compostela. Hoxe case podemos dicir que non se concibe novembro sen Cineuropa. E neste 2016, ano no que celebramos a 30ª edición, o festival será do 8 ao 27 de novembro.
MEDIO AMBIENTE
Horarios de depósito e recollida do lixo
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia informa sobre os horarios de depósito e recollida do lixo: