URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a instalación provisional de mamparas e calefactores nas terrazas de hostalería

20/10/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a autorización para a instalación provisional de mamparas e calefactores nas terrazas de hostelería no ámbito do PE-1 (Plan Especial 1); a iluminación de seis fontes no parque da Alameda; a restauración das fachadas de Acibechería e de acceso á Corticela da Catedrala de Santiago, na Praza da Inmaculada; e a reforma parcial do pavillón de servizos da USC, no Campus...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago asinou este ano convenios con distintas entidades sociais por un importe superior ao medio millón de euros

19/10/2020

Na Xunta de Goberno, reunida hoxe, as concelleiras delegadas de Políticas Sociais e de Igualdade deron conta dos convenios de colaboración asinados polo Concello de Santiago de Compostela con distintas entidades sociais e coa USC por un importe superior ao medio millón de euros. Dos asuntos tratados hoxe informou en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde cualifica de "profundamente preocupante" a evolución da COVID en Santiago, que se situa hoxe nos 340 casos por cen mil habitantes

19/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou de "profundamente preocupante" a evolución da pandemia en Santiago; cuns datos negativos que sitúan a incidencia nos 340 casos por cen mil habitantes. Representa sinalou, un incremento do 50% nas dúas últimas semanas, xa que se pasou de 177 contaxios a 233; e de 233 aos 340 rexistrados este luns; o que sitúa a Compostela, dixo, "por enriba da media de Galicia".

Leer más

CIDADE HISTORICA

Santiago, Cuenca e Toledo coordinarán un grupo de traballo para implantación da fibra óptica nos cascos históricos das cidades patrimonio

18/10/2020

A Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio de España, formada polos concelleiros de Patrimonio das 15 cidades que forman a rede, entre eles a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica de Santiago, Mercedes Rosón; acordou, na reunión telemática celebrada esta semana, que Compostela, Cuenca e Toledo coordinen unha mesa de traballo cuxos resultados sirvan de referencia para o resto de cidades na implantación da fibra óptica nos seus cascos históricos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita o Festival de Degustacións Intercultural

18/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe o Festival de Degustacións Intercultural, organizado pola Plataforma polo Emprego, que se desenvolveu ata as tres da tarde no Paseo Central da Alameda. No Festival de Degustacións Intercultural pudéronse probar de balde comidas típicas de Paraguai, Chile, República Dominicana, Ecuador, Venezuela e Colombia, nun evento acompañado de música e no que se cumpriron as máis estritas medidas de seguridade.

Leer más

PROMOCION ECONÓMICA E EMPREGO

A feira de emprego Talentia Summit ‘20, que se celebrará a finais de novembro, será virtual e contará con máis de mil prazas de formación

17/10/2020

A finais de novembro está previsto que se desenvolva unha nova edición da feira de emprego Talentia Summit ‘20, que organiza o concello de Santiago, e que este ano contará coa participación de máis de cen empresas, ofertas de emprego a nivel estatal e máis de mil prazas de formación. Este ano, a causa da crise sanitaria provocada pola COVID19, emitirase case na súa totalidade en formato on-line; adaptándose así ás restriccións de aforos provocadas pola crise sanitaria. Non obstante, tamén se...

Leer más

ACCION CULTURAL

Este domingo, 18 de outubro, finaliza a IV edición da SELIC

17/10/2020

Mañá, 18 de outubro, finaliza a IV edición da Semana do Libro de Compostela, coa representación de Malcriada, a cargo de Esther Carrodeguas e o pianista Velpister. Será no espazo da lavandería situada na rúa das Hortas, e no caso de choiva, na Fundación Torrente Ballester. Na organización da SELIC, que desenvolve o concello de Santiago, colaboran Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a USC e a Fundación Torrente Ballester. O seu principal obxectivo é visibilizar e dar a coñecer o potencial...

Leer más
Compartir: