XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de goberno local aproba as bases das subvencións a asociacións culturais o mesmo día que o BOP publica as axudas a actividades para o sector profesional

18/05/2021

A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe as "Bases da convocatoria de subvencións para asociacións culturais 2021"; á que se destinan 48.500 euros; o mesmo día que o BOP publica as "Bases reguladoras da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021", que contan cun orzamento de 554.992,90 euros, que xa se poden solicitar desde mañá, 19 de maio. Das dúas convocatorias informou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O concello de Santiago homenaxea a Xela Arias con distintas actividades, concertos, exposicións e roteiros

15/05/2021

O concello de Santiago homenaxea a Xela Arias, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas, con exposicións, concertos, roteiros, obradoiros e outras actividades que se desenvolverán en distintos espazos da cidade. Están programadas polas concellarías de Acción Cultural, Educación, e Centros Socioculturais, e teñen como obxectivo dar a coñecer a figura e a obra da autora de Sarria.

Leer más

MEDIO RURAL

Rematan as obras da senda peonil da rúa de San Martiño, en Aríns, que mellorará a seguridade dos peóns

15/05/2021

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o Concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe, 15 de maio, o remate das obras da "Senda peonil na Rúa de San Martiño" na parroquia de Aríns, que contaron cun orzamento de adxudicación de 319.420 euros, e un prazo de execución de cinco meses. Na visita tamén estiveron presentes o presidente da Asociación de Veciños de Aríns, José Cebey Aldrey; e Manuel Baluja, membro da directiva.

Leer más

ALCALDÍA

Chamada de atención á cidadanía por parte do alcalde ante o incremento na incidencia de contaxios, que se triplicaron na última semana

14/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa preocupación polos datos de contaxios por covid-19, que se triplicaron na última semana. O rexedor deu cifras: o pasado 13 de maio a incidencia por cen mil habitantes a 7 días era de 13 casos; e hoxe é de 41. "É previsible que a cifra siga crecendo a próxima semana, e iso, indubidablemente, non é bo, e debemos facer unha chamada de atención" á cidadanía.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo presenta, xunto ás alcaldesas da Coruña e de Castellón, as xornadas sobre políticas alimentarias "Do horto á cidade"

13/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe, xunto á súa homóloga da Coruña, Inés Rey; e á rexidora de Castellón, Amparo Marco, na presentación do evento, "Do horto á cidade". Os tres alcaldes lembraron o gasto que tiveron que afrontar os municipios para paliar os efectos da Covid-19, sen percibir ningunha compensación económica doutras administracións, a excepción da Deputación provincial, no caso das cidades da Coruña e Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

Visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones

12/05/2021

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Santiago, onde asinou no libro de Honra e mantivo un encontro co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cos voceiros dos grupos municipais socialista, Sindo Guinarte; de CA, Marta Lois; e do BNG, Goretti Sanmartín; e co concelleiro do PP Ramón Quiroga. Tralo encontro, o delegado e o alcalde anunciaron a remodelación do cuartel da Garda Civil de Santiago, que estará en obras a principios de 2022.

Leer más
Compartir: