ALCALDÍA
O alcalde reparte as áreas do Goberno local co obxectivo de "ofrecer un proxecto coherente e recoñecible á cidade"
Esta mañá celebrouse a primeira xuntanza do novo Goberno municipal. Pouco despois, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta do reparto de áreas do Executivo local, que configurou co obxectivo de "ofrecer un proxecto coherente e recoñecible á cidade".
MOBILIDADE
Última mesa redonda en torno á mostra "A cidade, o Camiño e nós"
Este martes 18 de xuño, ás 19:30 horas, o IES Rosalía de Castro acolle a última das mesas redondas organizadas en torno á exposición A cidade, o Camiño e nós, que permanece a carón do monumento a Rosalía de Castro na Alameda.
SEGURIDADE
A III Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela
Nenos e nenas dos centros escolares de Compostela participaron esta mañá no Auditorio de Galicia na III Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso.
ACCIÓN CULTURAL
Fukio Saxophonquartett chega este martes ás Xornadas de Música Contemporánea
As Xornadas de Música Contemporánea continúan ofrecendo na cidade diversas propostas dentro da música de culto e vangarda. Xa van aló cinco propostas musicais e quedan outras tantas ata a súa clausura o vindeiro 27 de xuño. Mañá martes, 18 de xuño, chega o día do Fukio Saxophonquartett: a primeira hora, 16:30 h, impartirán unha clase maxistral a todas as persoas que o desexen, ata completar aforo, no Conservatorio Profesional de Música; e a partir das 20:30 h, ofrecen un concerto no Centro Galego de...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta por un "escenario de diálogo e negociación permanente" para darlle a Santiago un "impulso decisivo"
Xosé A. Sánchez Bugallo tomou posesión do cargo de alcalde no Pleno de constitución da nova Corporación 2019-2023 celebrado na mañá deste sábado. O cabeza de lista do PSdeG-PSOE foi elixido ao ser o candidato máis votado (10 votos), fronte aos 8 recibidos polo candidato popular, Agustín Hernández e contando con 7 votos en branco ou abstencións.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais
A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de facer públicas as listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As familias admitidas deben agora formalizar o pago correspondente.
MEDIO AMBIENTE
Reforzo no servizo de recollida do lixo no casco histórico entre o 17 de xuño e o 16 de setembro
A Concellaría de Convivencia e Medio Ambiente vén de comunicar que, como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán no casco histórico, e co obxectivo de mellorar a limpeza e ornato das rúas, o Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 17 de xuño ao 16 de setembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello sumouse á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos
A praza do Obradoiro acolleu a lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos. O acto, promovido pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, foi conducido pola concelleira en funcións de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, e contou coa participación da concelleira socialista Mila Castro e do edil popular Pedro Rey.
ACCIÓN CULTURAL
Unha nova publicación pon en valor o Panteón Real
O Concello de Santiago vén de publicar unha guía sobre o Panteón Real, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe a publicación, que forma parte da colección Saber e Descubrir, nunha rolda de prensa na que participaron Esperanza Delgado e Mercedes Espiño, integrantes da asociación.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello conmemora o Día das Persoas Refuxiadas coa gala solidaria "Desterrados "no Principal
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe da gala solidaria que o Concello desenvolverá, en colaboración coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Na rolda estiveron Cristina Bandín, da Rede Galega, e o produtor da gala, Tato López.