PROMOCIÓN ECONÓMICA

Aberto ata o 17 de xuño o prazo de presentación de solicitudes de axudas aos tipos de xuro por parte de autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as

20/05/2020

Ata o 17 de xuño estará aberto o prazo para que autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as poidan presentar as súas solicitudes de axudas para pagar os xuros das operacións financeiras que teñan subscrito. A convocatoria, incluída no Plan Marco de Reactivación Económica, está dotada cun orzamento de 100.000 euros, ampliables a 400.000 euros.

Leer más

EMPREGO

O Concello oferta 4.000 novas prazas de formación, a maioría a través de mobile learning, nunha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos móbiles

19/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a nova oferta de formación online, deseñada polo departamento de Emprego a través do programa Talentia Summit’20, dentro do Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, posto en marcha polo Concello de Santiago co obxectivo de mitigar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Son un total de 4.000 novas prazas, que se suman ás 1.500 lanzadas hai un mes, cubertas practicamente na súa totalidade. Esta convocatoria conta dúas importantes ...

Leer más

COMERCIO

O Goberno local e as asociacións de comerciantes acordan que a festa do comercio local se celebre do 25 ao 28 de xuño

19/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica responsable do Departamento de Comercio, Lucía Castro; reuníronse este martes coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro. No encontro acordouse que a festa do comercio local se celebre do 25 ao 28 de xuño, unha data consensuada entre as distintas partes.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde expresa a súa "absoluta satisfacción" polo comportamento cidadán e o funcionamento das terrazas esta fin de semana

18/05/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o seu "agradecemento" á cidadanía de Compostela e a súa "absoluta satisfacción" polo seu comportamento durante esta pasada fin de semana en relación ao proceso de desescalada. "Se ben na pasada fin de semana houbera algún desfase importante, nesta detectei unha corrección eficaz, con moita xente na rúa, na praza de Abastos (onde se repartiron 1.250 máscaras este sábado) ou nos parques, pero todo con orde e sen saturación".

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

As Letras na Casa: Magín Blanco, A Banda das Apertas

17/05/2020

As Letras na casa e o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. Do mércores ao domingo, ás 20:00 horas, as familias poden desfrutar de cinco accións culturais online elaboradas especificamente para estas datas, accesibles a través da canle en YouTube do Concello de Santiago. Non obstante, a entrega deste domingo, con Magín Blanco, emitiuse ao vivo a través da canle en

Leer más

COMERCIO

#EuMercoAquí, a campaña para reactivar o comercio de Santiago de Compostela

17/05/2020

"Nunca tanto vos botamos en falta, desta saímos xuntos". O comercio local seguirá enchendo de vida as rúas de Santiago, promocionando os produtos autóctonos e de proximidade; e por suposto abastecendo os/as cidadáns/ás de forma segura. Ademais estarán apoiados por unha campaña 360º de publicidade, nomeada #EuMercoAquí, que procurará dinamizar as súas vendas empregando as plataformas online, redes sociais e tamén os soportes tradicionais.

Leer más

ALCALDÍA

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas

17/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu na rúa da Carreira do Conde ao acto en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas, organizado pola Real Academia Galega (RAG) e celebrado diante da que fora a súa casa en Compostela. No acto tamén participaron Víctor Freixanes, presidente da RAG; Miguel A. Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; Pilar López-Riobóo, subdelegada do Goberno na Coruña; Antonio López,...

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

A Concellaría de Políticas Lingüísticas continúa reforzando o uso do galego no sector socieconómico

16/05/2020

A Concellaría de Políticas Lingüísticas, co obxectivo de contribuír a unha maior normalización do noso idioma, continúa reforzando o uso do galego entre as empresas. A través do programa Coidar para mellorar, mellorar para coidar, en colaboración co Departamento de Comercio, ofrécese un servizo de asesoramento e unha liña de subvencións para os establecementos que desexen mellorar a calidade da súa comunicación comercial e incorporar o galego.

Leer más

ALCALDÍA

Bando do alcalde sobre a peonalización de varias rúas do Ensanche e instalación de terrazas

16/05/2020

O pasado 28 de abril, o Consello de Ministros adoptou o Plan para a transición cara á nova normalidade co que se inicia o proceso de redución das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade e do contacto social, establecidas mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Este proceso articúlase en catro fase (fase 0 a fase 3) que se irán sucedendo de xeito gradual en función da evolución dos datos epidemiolóxicos e do impacto das medidas adoptadas.

Leer más
Compartir: