MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Nova poxa de obxectos perdidos do Concello de Santiago

12/01/2021

Ata o 25 de xaneiro, as persoas interesadas poden poxar polos obxectos perdidos na vía pública e depositados nas dependencias da Policía Local do concello de Santiago de Compostela. A poxa lévaa a cabo, igual que a do pasado novembro, a empresa Sala Retiro. Son un total de 291 pezas as que se sacan á venda a través da web da Sala Retiro.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba o expediente de crédito para a adquisición do 31% do capital de UNINOVA e o convenio de xestión e explotación da nova estación de autobuses

12/01/2021

O Pleno do Concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe, cos votos a favor de todos os grupos da Corporación Municipal, o expediente de crédito extraordinario por importe de 57.198 euros, co obxectivo de adquirir o 31% do capital social da empresa Uninova, da cal o Concello é socio, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela.

Leer más

URBANISMO

La Comisión Asesora del Patrimonio Histórico informa favorablemente sobre el sistema de alumbrado ornamental Biolumen enmarcado en el proyecto Smartiago

12/01/2021

La Comisión Asesora del Patrimonio Histórico, presidida por la concejal de Urbanismo, Mercedes Rosón, informó favorablemente, entre otros asuntos, el "Estudio de Viabilidad del Plan de Actuación para el desarrollo de un sistema de alumbrado ornamental para la conservación del patrimonio ( Biolumen) que está desarrollando la sociedad Televés, S.A.", en colaboración con la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y la empresa Ferrovial, para una instalación piloto de iluminación de la fachada de la Casa...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a apertura do procedemento de licitación das pólizas de seguros da flota de vehículos do Concello

11/01/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente de subministro de concesión das pólizas de seguro da flota de vehículos propiedade do Concello de Santiago e a apertura do procedemento de adxudicación, establecéndose un tipo de licitación de 70.000 euros exentos de IVE. Tamén autorizaron á Fundación Brandomil a publicar copias dos documentos do Fondo Antigo do Arquivo Municipal de Santiago, depositados no Arquivo Histórico Universitario, para o seu proxecto de Bibliotecta Virtual de Brandomil.

Leer más

TURISMO

A Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela presenta o cartel da Semana Santa 2021

11/01/2021

A Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela presentou hoxe, fronte á Porta Santa, o cartel da Semana Santa 2021, no que están representadas as imaxes titulares das trece confrarías que percorren a cidade histórica, que representan a máis de 5.000 confrades e confradas. No acto estaban presentes distintas autoridades, entre elas o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Leer más

DEPORTES

Recepción a Ismael Navaza, subcampión de España de ximnasia rítimica

11/01/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Ismael Navaza, quen con só 15 anos é subcampión "junior" de España de ximnasia rítmica. Integrante do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, estivo acompañado pola súa adestradora e directora deportiva, María Fernández Cañabate, e pola súa nai; nunha recepción á que tamén asistiron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; o voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez Brunete; e Navia...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Preséntase a publicación "Caracois de Belvís", de Lupe Gómez, obra gañadora dos Premios SELIC 2019

08/01/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe a publicación "Caracois de Belvís", obra gañadora dos segundos Premios SELIC de creación literaria (2019), que a súa autora, Lupe Gómez, define como un mapa poético de Compostela. O libro, do que se editaron mil exemplares, pódese solicitar no Teatro Principal e está previsto que se reparta tamén en bibliotecas e Centros Socioculturais.

Leer más

FESTAS

Os Reis Magos chegan a Santiago para recibir os nenos e nenas composteláns en Bonaval

05/01/2021

Este 5 de xaneiro foi diferente ata para os Reis Magos, que tamén tiveron que cumprir coas restricións para a contención da pandemia. No canto de saudar os nenos na tradicional cabalgata polas rúas da cidade, as súas Maxestades de Oriente recibiron os cativos e cativas de Compostela na Igrexa de Bonaval. Tamén se achegaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Concello recorda, con sendas ofrendas florais, as figuras de Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo

05/01/2021

O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe as ofrendas florais do concello de Santiago ao escritor e dramaturgo Ramón María del Valle Inclán; e ao polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo. Os dous faleceron un 5 de xaneiro. O primeiro, do ano 1936 e o segundo, de 2012. A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, recordou que "esta homenaxe a Valle-Inclán responde a un acordo plenario do Concello de Santiago de 1985", a proposta do entón concelleiro Luis Pasín. "Estamos aquí", engadiu, "para non...

Leer más
Compartir: