TRABALLO
O Servizo de Intermediación Laboral xestiona as máis de 1.700 candidaturas da I Feira Internacional de Emprego
Os candidatos e as entidades participantes entrarán en contacto mediante as xestións do Servizo Local de Emprego. O número de ofertas de traballo confirmadas ata o momento aproxímase ás 200. O programa de xornadas estará dispoñible nos vindeiros días.
MEDIO AMBIENTE
Rematan os traballos de mellora no cauce do río Sar ao seu paso pola Rocha
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, vén de informar que remataron as obras de mellora no cauce do río Sar ao seu paso pola parroquia da Rocha.
ALCALDÍA
O Goberno local reactiva o proxecto de recuperación da Finca do Espiño
O proxecto de recuperación para o uso público da Finca do Espiño volve a botar a andar tras 10 anos de parálise e de litixios entre o Concello e a empresa promotora, Layetana. Un protocolo de intencións, que en breve se plasmará nun convenio, reactivará esta iniciativa, que propiciará a rehabilitación do pazo do Espiño, a rexeneración para o uso público do parque e a reactivación da economía local grazas a construción de 120 vivendas.
ALCALDÍA
A terminal de carga de Lavacolla recuperará en breve a súa actividade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que xa hai solución para o peche da terminal de carga do aeroporto de Lavacolla. A instalación recuperará en breve a súa actividade tras o acordo asinado entre a anterior xestora, Groundforce, cunha nova, Deltacargo.
ALCALDÍA
O Concello estudará o proxecto dos tratantes para a xestión do mercado de gando de Amio
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados, Reyes Leis, mantiveron unha nova reunión cos tratantes de gando e coa concesionaria para falar do futuro do mercado de Amio. As partes citáronse para outra xuntanza nuns días para dar conta do falado polo Concello coa concesionaria e para que os gandeiros presenten o seu proxecto de xestión do recinto.
EMPREGO
Preto de 1.700 inscritos para as entrevistas de traballo da I Feira Internacional de Emprego
A I Feira Internacional de Emprego (FIE) celebrarase en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de novembro. Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), pretende dinamizar e mellorar o mercado de emprego local a través do contacto entre empresas que ofertan postos laborais e demandantes de emprego.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornadas sobre micoloxía no CSC de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo e a Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo organizan unhas Xornadas Micolóxicas o venres 21 e o sábado 22 de outubro.
DEPORTES
Deportes afronta a solución das deficiencias do novo campo de fútbol de San Lázaro
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, explicou en rolda de prensa diversas irregularidades atopadas no seu departamento, como "compromisos verbais" ou un "nulo control do gasto". Ademais, denunciou as deficiencias atopadas no campo de fútbol de San Lázaro (a carón do SERGAS), que agora está intentando solucionar a Concellería.
FACENDA
O Concello concederá axudas de ata 100 euros para o pago do IBI a persoas con dificultades
Os orzamentos de 2012 incluirán unha partida que permitirá conceder unha axuda de ata 100 euros de máximo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a composteláns desempregados ou en dificultades económicas. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra.
CULTURA
"Cal e canto", do Colectivo Batbirulau, nova intervención na Zona "C"
Cal e canto, do Colectivo Batbirulau, é a nova intervención que se poderá ver na Zona "C", equipamento cultural dependente da Concellaría de Cultura. O venres 21, ás 20:00 horas, celebrarase a inauguración, na que participarán o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e os membros do colectivo. A intervención poderá verse en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas todos os días, agás os luns, ata o 22...